Escoitar

O alcalde inaugura a humanización da rúa Espedrigada, en Balaídos, con 350.000 euros de investimento

Abel Caballero e a senadora pola provincia, Carmela Silva, antiga veciña da rúa, inauguraron hoxe xoves cos veciños á reforma da Espedrigada, en Balaídos, onde o Concello investíu case 350.000 euros na pavimentación, renovación do abastecemento e construción dunha beirarrúa. O alcalde recordou que "en Vigo, todos os cidadáns son iguais" e reiterou a "vontade" municipal de "seguir humanizando todas as zonas da cidade".

xoves, 16 dec 2010
1292507496espedrigada.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou hoxe xoves a humanización da rúa Espedrigada, en Balaídos, onde o Concello orzamentou case 350.000 euros na renovación da pavimentación, das canalizacións de abastecemento e na construción dunha beirarrúa.

Caballero, quen acudiu coa senadora Carmela Silva, antiga veciña da rúa, agradeceu a presenza dos veciños no acto e dos dous acordeonistas que amenizaron o acto. O alcalde explicou que os da Espedrigada "son cidadáns tan importantes como todos os cidadáns de Vigo" e esta rúa estivo "absolutamente abandonada durante décadas".

A reforma do vial alongouse durante o medio quilómetro de lonxitude da mesma, incluíndo a instalación de 24 novos puntos de luz, a renovación da canalización do abastecemento de auga e da pavimentación e a construción da demandada beirarrúa. Caballero apuntou que "en Vigo, todos os cidadáns son iguais" e avanzou que "segue a nosa vontade de seguir humanizando todas as zonas da cidade".

Balaídos
O alcalde subliñou asemade as actuacións municipais executadas no entorno de Balaídos, onde nos últimos anos investíronse máis de 12 millóns de euros na humanización da Avenida de Castrelos e Florida, Balaídos e Portanet, Val Miñor, Espedrigada e Eugenio Kraff.
Descargar todas as imaxes