A actuación enmárcase no proxecto de "Rexeneración Urbana do Barrio de Teis"
luns, 13 dec 2010
A Xunta de Goberno ven de aprobar esta actuación na que o goberno local investirá preto de 33.000 euros. O acondicionamento de lavadoiros de Igrexa e Xacoteira, no Camiño Real, e a fonte de Arnelas pretende poñelos de novo en servizo para os veciños. O Plan Teis está a investir no barrio máis de 31 millóns de euros con actuacións coma as humanizacións de Julián Estévez ou a Avenida de Galicia ou a restauración do edificio Garavilla
luns, 13 dec 2010
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este luns a segunda edición das xornadas Moceando, que se desenvolverán do 17 ao 19 de decembro nunha carpa instalada fronte ao Náutico. A edil nacionalista destacou que o obxectivo desta iniciativa, que inclúe concertos, proxeccións, xogos e obradoiros, é "amosar o que están facendo os mozos e mozas da nosa cidade no seu tempo de lecer e rachar cos estereotipos e a mala imaxe que moitas veces se transmite da mocidade".
luns, 13 dec 2010
O programa da Concellería que dirixe a socialista Chus Lago finaliza en VigoZoo o próximo sábado e domingo, e procura sensibilizar aos nenos de entre 6 e 17 anos do esgotamento dos recursos naturais e da importancia do consumo responsable. A pasada fin de semana, decenas de rapaces fabricaron coas súas mans agasallos para o Nadal con material reciclado, titorados por 20 profesionais. Os interesados en participar deben anotarse no teléfono 010.
luns, 13 dec 2010
O equipo de Montserrat Domínguez desprazouse onte domingo ata o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para retransmitir o seu programa matinal da fin de semana "A vivir que son dos días", dentro da programación do Bicentenario da Cidade. O espazo radiofónico repasou a historia da cidade con entrevistas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e ao director do Museo Quiñones de León, Pepe Ballesta, entre outros.
luns, 13 dec 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou hoxe un dos 30 obradoiros de sensibilización que se están a desenvolver en diferentes centros educativos da cidade dentro da campaña de sensibilización impulsada polo Consello Municipal de Cooperación Internacional. A nacionalista salientou a importancia de traballar os valores da solidariedade desde as idades máis temperás.