O domingo volve a maxia ao Auditorio Municipal coa obra "As aventuras de Paquito Llons", da compañía de Javier Muro
O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro domingo, 12 de decembro ás 18 horas, un novo espectáculo teatral dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Trátase da obra "As aventuras de Paquito Llons", da compañía de Javier Muro, e incluída no programa "Con T de Teatro" que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 para os maiores.
"As aventuras de Paquito Llons" é unha divertida historia na que Javier Muro interpreta o papel dun neno aventureiro que soña con ser explorador e pirata grazas aos libros de aventuras. O protagonista fai interactuar aos bonecos, dándolles vida e provocando a sucesión de situacións máxicas que só poderían ocorrer na imaxinación dos máis pequenos. É un espectáculo que trata de transmitir valores positivos como a afección á lectura, a amizade e a tolerancia cara aos demais.
As entradas pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo. Na web www.vigocultura.org pódese atopar a programación completa organizada pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.