O alcalde inaugurou unha xornada sobre o presente e o futuro do ferrocarril en Galicia
Abel Caballero participou este venres na inauguración da xornada organizada polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, que culmina a iniciativa en Vigo tras pasar por Santiago de Compostela e A Coruña en pasadas semanas. Responsables autonómicos e estatais participaron nun evento que pecha unha visita na tarde deste venres aos traballos de construción dos túneles de acceso do AVE a Vigo desde Redondela.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este venres na apertura da Xornada "Presente e Futuro do Ferrocarril en Galicia", organizada polo Colexios de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia para dar a coñecer o estado dos proxectos e obras que levarán a Alta Velocidade á comunidade galega.
O rexedor vigués recoñeceu ao Ministerio de Fomento que dirixe José Blanco o seu "empeño" en que a alta velocidade chegue a Galicia e a Vigo, e recordou que a cidade olívica ten a entrada do AVE que desexan todas as urbes, soterrada, de tal xeito que non rompa a cidade. Caballero subliñou a colaboración dos enxeñeiros en grandes proxectos como este e reclamou a cooperación deste colectivo profesional na mellora da calidade de vida da cidadanía.
O alcalde tamén referiuse á nova "grande obra de enxeñería" que acollerá o ferrocarril na cidade olívica, a nova estación de Urzáiz que proxecta Thom Mayne e que será presentada o próximo mes. Caballero agradeceu a ADIF o seu traballo para facela realidade e subliñou tamén a relevancia da conexión ferroviaria en Alta Velocidade con Oporto para crear "sinerxias" no territorio.
O obxectivo da xornada é, por unha banda, dar a coñecer o estado dos proxectos e as obras que en relación co ferrocarril de alta velocidade estanse realizando en Galicia e, por outra, o que este vai supor para a integración do sistema urbano e o transporte público en Galicia.
Fronte ao debate necesario sobre os prazos e os investimentos, a organización procura centrar a atención na importancia das obras que nestes momentos estanse construíndo, de plataforma, de pontes, túneles e superestrutura da vía, xunto coa oportunidade que para as cidades que comunica vai supor a propia transformación das estacións e a conexión co resto do transporte público.
Abel Caballero estivo acompañado no acto de inauguración do Secretario Xeral de Transportes do Ministerio de Fomento, José Luis Cachafeiro Vila, da Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia, Encarnación Rivas Díaz, e do decano do Colexio organizador, Carlos Nárdiz Ortiz.
A iniciativa culmina hoxe -no Club Financeiro de Vigo, tras pasar nas últimas semanas por Santiago de Compostela e A Coruña- coa presenza en ponencias e mesas redondas de responsables de empresas e altos cargos autonómicos e estatais, como Miguel Rodríguez Bugarín, Director Xeral de Mobilidade da Xunta, e Miguel Ángel Campos García, Director Xeral de ADIF.
A xornada -clausurada polo conselleiro de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández- culmina na tarde do venres cunha visita ás obras de construción dos túneles de acceso da Alta Velocidade a Vigo, en Redondela.
Descargar todas as imaxes