Iolanda Veloso anuncia que a Casa Galega da Cultura acollerá unhas Xornadas de Toponimia os días 14 e 15 de decembro
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este venres as Xornadas de Toponimia "Como se chama ese lugar?", que se celebrarán na Casa Galega da Cultura os días 14 e 15 de decembro. Na presentación, na que tamén participou o vicerreitor de Extensión Cultural, Xosé Henrique Costas, a concelleira nacionalista destacou que este proxecto está organizado conxuntamente polas áreas de normalización lingüística do Concello e da Universidade de Vigo co obxectivo de conservar un legado cultural tan importante como a toponimia.
Iolanda Veloso destacou a importancia de recoller, analizar e correxir os topónimos das parroquias viguesas, xa que ao seu xuízo, a toponimia é "o grande libro da nosa historia". Afirmou que a través dos topónimos somos quen de coñecer a nosa orixe, como foi mudando o noso territorio ou en que lugares son abondosas as distintas especies animais e vexetais.
"Como se chama ese lugar?" será o marco para reflexionar sobre a relevancia da microtoponimia, a necesidade de recuperar os topónimos e manter os orixinais nunha época "na que a construción de novas áreas industriais, sanitarias e deportivas pode levar consigo a perda de numerosos nomes de lugar", apuntou a concelleira de Normalización Lingüística.
O martes, 14 de decembro, a xornada comezará ás 17 horas coa inauguración a cargo de Iolanda Veloso e do presidente da Academia Galega da Lingua, Xosé Lois Méndez Ferrín. Ás 17.45 horas Gonzalo Navaza disertará sobre o patrimonio toponímico; ás 19 horas terá lugar a presentación dun libro sobre a parroquia de Lavadores e ás 19.30 Iván Sestai falará sobre a recolección microtoponímica das áreas altamente urbanizadas, como son as parroquias periurbanas de Vigo.
O mércores 15 de decembro, ás 17 horas, Xosé Lois Vilar Pedreira explicará a talasonimia, os nomes do mar de Vigo. Ás 18.15 horas Marta Souto e Lorena Carrasco presentarán o proxecto "Meu! Coñecéndonos. Descubríndonos"; ás 18.45 horas Luz Méndez Fernández falará da didáctica da toponimia. Finalmente, a clausura das xornadas será a cargo do vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, e o vicesecretario da Academia Galega da Lingua, Francisco Ferández Rei.
Descargar todas as imaxes