Caballero defende ampliar o voluntariado no Día Mundial do Voluntario da Asociación Española contra o Cáncro
O alcalde de Vigo participou este venres nos actos que organiza a Asociación Española contra o Cancro no Centro Cívico do Casco Vello en conmemoración do Día Mundial do Voluntario, onde avogou por extender este movemento a outras parcelas da sociedade e inculcar a solidariedade en toda a cidadanía. Caballero eloxiou a aqueles que ofrecen o seu tempo e coñecementos sen contrapartida e animou aos vigueses e viguesas a sumarse ao voluntariado.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este venres a laboura dos voluntarios e defendeu ampliar este movemento na celebración do Día Mundial do Voluntario, organizada pola Asociación Española contra o Cancro no Centro Cívico do Casco Vello vigués.
Sobre 60 voluntarios participaron nos actos de conmemoración desta data, onde Abel Caballero avogou por ampliar a participación voluntaria a outras parcelas da sociedade nas que agora non está presente e facer extensivo este movemento solidario a todos e cada un dos cidadáns.
O alcalde indicou que o voluntariado ten que integrarse en todos os ámbitos sociais, coma por exemplo o sector privado. Caballero explicou que as empresas, como as institucións públicas, deben tamén implicarse no traballo social sen máis contrapartida que o ben común de todos e todas.
Descargar todas as imaxes