Escoitar
Os pasaxeiros que viaxen á universidade poderán conectarse gratuitamente a Internet

Vigo, primeira cidade de Galicia con conexión WiFi nos seus autobuses

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron hoxe venres esta iniciativa. Un ordenador ou móbil con conexión Wi-Fi é suficiente para acceder a rede de Vitrasa. As características das liñas á universidade son as idóneas para a implantación deste servizo. Con esta iniciativa, Vitrasa aposta unha vez máis polas novas tecnoloxías.

venres, 10 dec 2010
1291989345redwifi.JPG
Desde hoxe, todos os pasaxeiros que viaxen á universidade poderán conectarse a rede Wi-Fi gratuíta que ofrece Vitrasa. A compañía de transportes inaugura oficialmente este servizo co que pretende dar acceso a Internet sen custos ós universitarios que a diario se desprazan ó Campus. Vigo convértese deste xeito na única cidade galega que ofrece conexión a Internet nos seus autobuses urbanos.

"Actualmente Internet é unha ferramenta indispensable para a maioría das persoas e con esta iniciativa pretendemos facilitar o traballo diario dos estudantes e profesores que se dirixan ao campus en transporte público. Con este servizo queremos ademais, manter a nosa aposta polas novas tecnoloxías que xa iniciamos coa iniciativa SMbuS ou co cálculo de rutas na web entre outros", comenta Juan Carlos Villarino, Director Xeral de Vitrasa.
Para poder facer uso deste servizo os pasaxeiros soamente necesitan un ordenador ou móbil con conexión Wi-Fi. Unha vez subidos ao autobús e detectada a rede de Vitrasa poderán empregala ata que cheguen ao seu destino de maneira gratuita.

Wi-fi no camiño á universidade
O Director Xeral de Vitrasa explica qué motivos os levaron a decantarse polas liñas á universidade como as idóneas para a implantación deste servizo. "As liñas que viaxan á universidade (U1, U2, 8 e C15C) contan con percorridos longos e a maioría dos pasaxeiros fan o traxecto completo. Ademais, a maior parte dos viaxeiros son alumnos e profesores do campus universitario que se dirixen diariamente ao seu centro de estudos, polo que poden aproveitar este servizo para tarefas profesionais ou para facer máis entretida a súa viaxe", sinala Juan Carlos Villarino.
Descargar todas as imaxes