Escoitar

Aberto o buzón dixital de suxerencias para bautizar o novo Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar

Desde este luns está aberto o novo buzón virtual na web municipal -www.vigo.org-para recabar as propostas da cidadanía para nomear o Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, na última fase da súa construción. Como explicara o alcalde, Abel Caballero, na presentación da proposta, o Concello quere coñecer a opinión dos vigueses e das viguesas para bautizar o edificio, nomes que serán tidos en conta polo xurado na designación final.

luns, 13 dec 2010
1292246217auditorio.JPG
A páxina web do Concello de Vigo -www.vigo.org- xa ten aberto o buzón virtual de suxerencias para nomear o novo Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar que está a ultimar a súa construción.

Tal e como anunciara días atrás o alcalde, Abel Caballero, o Concello de Vigo desexa coñecer as alternativas propostas pola cidadanía viguesa para bautizar o novo edificio, nomes que serán manexados polo xurado e dos que sairá a denominación definitiva.

Aqueles interesados en remitir a súa proposta deben visitar a páxina web municipal (www.vigo.org) e acceder á sección "Nome do Auditorio" dentro do apartado de Alcaldía. Alí, unicamente deixando unha dirección de correo electrónico, é posible presentar a súa opción e algunha xustificación -voluntaria- do nome.
Descargar todas as imaxes