venres, 17 dec 2010
Os cursos forman parte dun plan integrado de formación promovido pola Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo e financiado polo Instituto Nacional de Administración Pública (Inap) con preto de 100.000 euros. O alcalde xunto a varios concelleiros e o xefe da Policía Local de Vigo, fixeron entrega dos títulos e destacaron a necesidade de formación constante e da actualización profesional.
venres, 17 dec 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o músico, compositor e produtor Nani García (A Coruña, 1955) é o novo coordinador artístico do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Segundo explicou, a concellería de Cultura e Animación Sociocultural, organizadora do festival que en 2011 chega á sétima edición, decidiu que Nani García substitúa ao contrabaixista Baldo Martínez, director durante os primeiros seis anos de vida do festival, nos que Imaxina Sons asentouse como unha cita de referencia ao redor do jazz europeo e cunha especial atención ao jazz feito en Galicia.
venres, 17 dec 2010
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, reuníronse este venres con representantes da Asociación de Comerciantes da Zona Centro para estudar de xeito conxunto algunhas propostas da entidade para mellorar a circulación e a sinalización do centro. O obxectivo do Concello é facilitar a mobilidade e dar un mellor servizo á cidadanía e ao comercio da urbe.
venres, 17 dec 2010
A programación estable de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural desenvolve no Auditorio Municipal ofrece para este fin de semana dúas opcións ben distintas. Por unha banda, mañá sábado acollerá ás 21 horas o concerto de Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi do programa SinSal.Oito. O domingo, 19 de decembro ás 18 horas, terá lugar a obra de teatro infantil "Rúa aire", dirixida especialmente para nenos e nenas maiores de 9 anos.
venres, 17 dec 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe o "Torneo solidario multideportivo Nadal en Vigo" , que se disputará do 20 ao 26 deste mes de decembro nos dous pavillóns de Balaídos e nas Travesas (Frontón, Pista Central e Vermella). Nesta edición volveranse a formar equipos das categorías baby (nenos e nenas de 2005 e 2006), prebenxamín (nenos e nenas 2003 e 2004) e benxamín (nenos e nenas de 2001 e 2002), ademais de alevín feminino (nenos e nenas de 1999 e 2000). Balonmán, baloncesto, fútbol sala, bádminton ou squash son algúns dos deportes cos que rapaces e rapazas gozarán.