Bando artificios pirotécnicos por festas do Nadal
<br />
Ante a proximidade das festas de nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc.....), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.
I.- Lexislación aplicable:
Lei orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.
Real decreto 230/1998, de 16 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de explosivos e as súas instruccións complementarias, entre a que destaca, a instrucción núm.19 que regulamenta as normas sobre venda e establecementos de venda de artificios pirotécnicos
Orde do 5 de decembro de 1991 sobre catalogación de produtos de pirotecnia.
Orde do 3 de outubro de 1973 que prohibe a fabricación, circulación e venda de obxectos explosivos para uso infantil.
II.- Queda prohibido:
II.1.- A venda e a subministración de produtos pirotécnicos por persoas físicas ou xurídicas que non contén coa autorización do Subdelegado do Goberno.As preceptivas autorizacións exhibiranse en lugares ben visibles nos establecementos de venda.Asemade, a licenza municipal de actividade do establecemento debe autorizar expresamente a venda destes produtos.
II.2.- A venda dos artificios a quen se atope baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes, e con carácter xeral, a partir da media noite.
II.3.- A venda ambulante de artificios pirotécnicos
II.4.- A fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso infantil que presente, externamente, substancias explosivas ou detonantes susceptibles de contacto directo. Para a circulación e venda de produtos pirotécnicos infantís, será necesario que figuren neles a marca ou cabeceira do fabricante e o número que teña asignado polo Ministerio de Industria. Cando non sexa posible a marcaxe directa no produto, farase no envase que o conteña. Os produtos infantís de importación deberán cumprir as mesmas condicións que os nacionais.
II.5.- Aos menores de 12 anos, a subministración e uso de artificios pirotécnicos, con excepción dos pistóns de percusión para xoguete. Enténdese como pistóns de percusión para xoguete, aquelas envolturas ou cápsulas non metálicas que conteñen un toque de composición pirotécnica sensible ao impacto e que produce unha pequena detonación cando se golpea.
II.6.- A manipulación ou uso dos artificos pirotécnicos nas vías públicas e espazos públicos no termo municipal de Vigo, agás que se conte con expresa autorización municipal.
III.- Control da Policía Municipal:
A Policía Local, coa colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade, velará polo estrito cumprimento da lexislación vixente, e denunciará as infraccións que ao respecto se cometan que serán sancionadas, chegado o caso, como faltas pola Aministración competente, sen prexuízo das responsabilidades civís ou penais que se deriven dos feitos. As sancións irán acompañadas da incautación do material, e, de sé-lo caso, conlevarán o peche do establecemento responsable.
Esta Alcaldía espera unha positiva resposta de toda a cidadanía no cumprimento deste Bando, para evitar deste modo o exercicio da potestade sancionadora.
Vigo, 10 de decembro de 2010
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez