Escoitar

Xabier Alonso presenta o Torneo Solidario de Nadal que se disputará do 20 ao 26 en Balaídos e As Travesas

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe o "Torneo solidario multideportivo Nadal en Vigo" , que se disputará do 20 ao 26 deste mes de decembro nos dous pavillóns de Balaídos e nas Travesas (Frontón, Pista Central e Vermella). Nesta edición volveranse a formar equipos das categorías baby (nenos e nenas de 2005 e 2006), prebenxamín (nenos e nenas 2003 e 2004) e benxamín (nenos e nenas de 2001 e 2002), ademais de alevín feminino (nenos e nenas de 1999 e 2000). Balonmán, baloncesto, fútbol sala, bádminton ou squash son algúns dos deportes cos que rapaces e rapazas gozarán.

venres, 17 dec 2010
1292603432Torneo.JPG
"Á Concellería de Deportes parécelle moi ben vincular deporte e solidariedade nunca actividade ademais polideportiva", dixo Xabier Alonso. O concelleiro considera "magnífico que nunha época vacacional rapaces e rapazas teñan a opción de facer práctica deportiva", e ademais que entren de cheo nunha actividade solidaria.

O torneo xogarase sempre en horario de tarde e o domingo 26 tamén en horario de mañá. Non terá carácter competitivo, senón participativo, no que todos recibirán o mesmo premio. O único requisito para participar é a entrega dunha bolsa de alimentos non perecedoiros por participante o día da entrega de premios, que será o domingo de tarde no Central das Travesas. Todos os alimentos recadados serán doados á Concellería de Benestar Social para que os distribúa entre os colectivos sociais.
Descargar todas as imaxes