O tenente de alcalde inaugurou a rúa Alta, unha das 37 nas que se actuou en dous anos para rehabilitar o Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a remodelación da rúa Alta, unha das 37 nas que se actuou nestes dous últimos anos dentro do proceso de rehabilitación do Casco Vello. O nacionalista destacou que coa reforma deste vial vertebrador da parte baixa do Casco Vello pódese comprobar que a transformación do barrio histórico de Vigo era un "obxectivo prioritario" e que é un feito o compromiso que adquiriu na súa recuparación.
"Estamos aproximadamente a cinco meses do remate do mandato e teño que dicir con satisfacción que desta vez si foi realidade a recuperación do barrio porque houbo vontade de traballar", subliñou o Santi Domínguez. Lembrou que ao inicio da lexislatura sinalara que era un traballo para dos mandatos, pero salientou só nun o impulso que se deu ten cambiado xa o imaxe do Casco Vello. Como exemplo, citou o traballo realizado na mellora das rúas, reformando 20 no ano 2009 e outras 17 neste exercicio.
A mellora da rúa Alta contou cun investimento de 230.000 euros con cargo ao Plan Estatal para o Emprego. O tenente de alcalde explicou que ao igual que no resto dos viais reformados, actuouse no que se ve pero tamén no que non se ve "para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas", nun total de 567 metros cadrados. Destacou que os propios veciños saben que era unha das rúas na que peor estaban os servizos, posto que se producían inundacións na parte baixa e o alumeado era practicamente nulo.
O tenente de alcalde sinalou que o proxecto de reforma incluíu a mellora completa das redes de abastecemento e sumidoiros e o establecemento da rede separativa de augas, "que antes non existía". Renovouse o alumeado público, impulsando a mellora da eficiencia enerxética e a redución do consumo. Respecto á pavimentación, Santi Domínguez indicou que se recuperaron todas as lousas de pedra que estaban en boas condicións. Ademais, instalouse o acceso ás redes de comunicación que, segundo comentou, eran inexistentes.
O nacionalista manifestou o seu compromiso de seguir traballando nesta liña para acadar a transformación integral do Casco Vello. Co traballo de reforma de rúas practicamente rematado, seguirase actuando noutras ámbitos para conseguir a total reconquista do barrio histórico. O tenente de alcalde asegurou que un papel fundamental neste obxectivo serán a posta en marcha en 2011 dun servizo de transporte eléctrico, a nova Pinacoteca e o Centro Galego de Fotografía. "O traballo da Tenencia de Alcaldía e do BNG nótase no Casco Vello", concluíu.
Descargar todas as imaxes