Santi Domínguez presenta as actividades de Nadal e avanza que a Cabalgata recupera o percorrido polo centro
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este xoves as actividades do programa Nadal 2010. Segundo destacou Santi Domínguez, e unha programación que ten por obxectivo "abranguer todas as idades e posibilitar que os nenos e nenas gocen no seu tempo de vacacións". Ás actividades culminarán o día 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis, que recuperará o percorrido dende García Barbón á Porta do Sol.
"A pesares da situación económica e que as nosas prioridades están enfocadas a dar respostas ás demandas da cidadanía, non hai que esquecer que os nenos e nenas deben ter espazos para gozar neste tempo de Nadal", manifestou Santi Domínguez. O nacionalista lembrou que o programa comezou o 3 de decembro co acendido do alumeado de Nadal, seguido da inauguración da pista de xeo, os campamentos organizados dende as Concellerías de Igualdade e Xuventude e as actividades de Benestar Social. "A partir do 22 de decembro intensificaremos a programación co inicio das actividades da Concellería de Cultura e Animación Sociocultural", asegurou.
O tenente de alcalde explicou que ata o 5 de xaneiro haberá un amplo abano de actividades de lecer que inclúe obradoiros, concertos de corais, bandas e panxoliñas, así como unha iniciativa que ten un "oco permanente" nestas datas como é Vigolandia. Celebrarase no Ifevi do 26 ao 30 de decembro.
Respecto á Cabalgata de Reis, o nacionalista destacou que será "espectacular, chea de colorido e novidosa". Ademais de anunciar que o percorrido será polo centro da cidade, sinalou que a súa temática centrarase nos personaxes dos contos infantís e os debuxos animados. Fixo referencia tamén a outras actividades, como as visitas do Carteiro Real, e avanzou que outras das novidades deste Nadal é un Carteiro Virtual co que os máis novos e novas poderán interactuar no vestíbulo do Auditorio Municipal. Finalmente, animou aos vigueses e viguesas, e sobre todo aos rapaces e rapazas, a que se acheguen "ás actividades que imos poñer en marcha".
O concelleiro de Cultura destacou que o programa Nadal 2010 mantén os criterios marcados nos tres últimos anos, "que responden a unha programación transversal na que participan todas as áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía". Ademais, sinalou que se organiza tendo en conta a "especial estrutura policéndrica da cidade" co obxectivo de dinamizar todos os barrios e parroquias de Vigo.
Xesus López explicou que nestes días estanse recollendo as solicitudes para participar no concurso Vente cos Reis Magos, mediante o cal se seleccionar os 40 nenos e nenas que acompañarán as SS.MM. durante a Cabalgata. Indicou que poden participar no sorteo, que terá lugar o 22 de decembro, os nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 1998 e o 31 de decembro de 2002.
No tocante a outras iniciativas que haberá ao longo destes días, salientou que a lonxa do Concello acollerá obradoiros e contacontos infantís do 23 de decembro ao 4 de xaneiro dende ás 17 horas (agás os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro). Sinalou que o concerto de Nadal terá lugar no teatro do Centro Cultural da Novacaixagalicia o 23 de decembro ás 20.30 horas. Dixo que é un concerto gratuíto para o cal as invitacións (dúas por persoa como máximo) pódense recoller no servizo de Animación Sociocultural do Concello.
O concelleiro comentou que o 5 de xaneiro, dende ás 10 horas, os Reis Magos visitarán os centros hospitalarios de Vigo e de 10 a 13 horas terá lugar a festa infantil de Benvida ás SS.MM na Praza do Rei. Finalmente, o concelleiro nacionalista agradeceu "á lexión de voluntarios que colaboran co Concello de Vigo durante todo o ano pero que fan un labor insubstituíble o día da Cabalgata". Cifrou en arredor de mil as persoas que colaboran neste dispositivo.
Descargar todas as imaxes