A comedia volve mañá venres ao Auditorio Municipal coa obra "After Play", da compañía Teatro do Atlántico
O Auditorio Municipal acolle mañá venres, 17 de decembro, unha nova obra do teatro incluída na programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Trátase da comedia "Afterplay", destinada ao público adulto, que a compañía Teatro do Atlántico representará ás 21 horas. O prezo das entradas é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.
Interpretada por María Barcala e Gonzalo Uriarte, baixo a dirección de Xulio Lago, "Afterplay" narra a historia de Snya Alexandrowa e Andrey Prozórov. Ao coincidir nun pequeno café de Moscú os protagonistas, grazas ao vodka, debuxan as súas vidas entre verdades e mentiras.
Na web www.vigocultura.org pódese atopar o programa cultural completo que desenvolve ao longo do ano a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.
Na web www.vigocultura.org pódese atopar o programa cultural completo que desenvolve ao longo do ano a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.