O alcalde finaliza cunha lectura de Martín Códax o recital literario cidadá que inaugurou a humanización de Policarpo Sanz
Unha quincena de cidadáns deron lectura este venres a unha serie de textos literarios vencellados con Vigo, recintal que rematou Abel Caballero coas Cantigas de Martín Códax e que serviu para abrir a humanización de Policarpo Sanz. O grupo Troula animou a visita á rúa coa percusión. O alcalde salientou que "estou convencido de que, hoxe, esta é a verdadeira milla de ouro de Europa" e agradeceu o esforzo da empresa, arquitectos, traballadores, veciños e comerciantes da zona.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu lectura ás Cantigas de Martín Códax para finalizar o recital literario cidadá co que o Concello inaugurou a humanización de Policarpo Sanz.
Distintos veciños e veciñas de Vigo -desde profesores de instituto a abogados ou condutores de autobús- acompañaron na lectura a personalidades como o presidente do Liceo de Bouzas, o diretor da Axencia Europea de Pesca ou o propio alcalde, que recitaron escritos de Luz Pozo, Méndez Ferrín e Domingo Villar, entre outros.
Tras a lectura, o grupo Troula amenizou coa súa percusión a visita de autoridades e veciños por Policarpo Sanz, humanizado con beirarrúas de granito, arborado, xardinerias e nova iluminación. O aparcadoiro soterrado, de case 600 prazas, poderá ser inaugurado o próximo mes de xaneiro, segundo explicou o responsable da empresa, Eloy García.
O alcalde de Vigo subliñou que "estamos diante dunha humanización fóra de serie, seguramente única en calquera cidade de España e de Europa" e apuntou que "estou convencido de que, hoxe, esta é a verdadeira milla de ouro de Europa". "Esta é unha rúa para ser vivida", concluíu. "Noraboa a todo Vigo e agora toca disfrutar".
"Vigo é agora a cidade de ouro de Europa", explicou Caballero quen felicitou á empresa e ao seu responsable, Eloy García, personalmente polo seu "esforzo profesional e persoal importantísimo". "Son consciente do traballo persoal e do seu entusiasmo persoal para que esta rúa sexa inigualable", aseverou. O alcalde felicitou igualmente aos concelleiros de Parques e Xardíns, Raquel Días, e de Distritos, Ángel Rivas, polo seu empeño persoal no deseño da superficie ao traballadores e arquitectos implicados na obra. Tamén se disculpou cos veciños e comerciantes polas molestias causadas durante os 30 meses de duración da obra.
Caballero recordou que "nos comprometimos a atender exactamente igual o centro da cidade que calquera barrio e calquera parroquia", e apuntou que "onte se abria Espedrigada", e tamén se humaniza Santa Marina en Cabral, Santa Cristina en Lavadores, Cesareo Vázquez en Oia, Manuel Cominges en Matamá, San Cristobo en Candeán "e así 22 parroquias de Vigo", asegurou.
O responsable de EloyMar Tranvías, Eloy García, asegurou haber estado "traballando cóbado con cóbado co Concello, sempre coa máxima colaboración de todos os servizos municipais" e explicou que "é moi grato entregar hoxe estas obras e será moi grato dentro de aproximadamente un mes poder inaugurar un párking que dará servizo a toda esta rúa, a todo o comercio e a toda a cidadanía".
Descargar todas as imaxes