O concelleiro de Cultura anuncia que Nani García será o novo coordinador artístico do Festival Imaxina Sons
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o músico, compositor e produtor Nani García (A Coruña, 1955) é o novo coordinador artístico do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Segundo explicou, a concellería de Cultura e Animación Sociocultural, organizadora do festival que en 2011 chega á sétima edición, decidiu que Nani García substitúa ao contrabaixista Baldo Martínez, director durante os primeiros seis anos de vida do festival, nos que Imaxina Sons asentouse como unha cita de referencia ao redor do jazz europeo e cunha especial atención ao jazz feito en Galicia.
A seis meses da próxima edición, o festival xa está traballando nas propostas artísticas que articularán o programa da cita de jazz máis relevante do país. Xesus López indicou que Nani García será o encargado de dar forma á programación artística da edición de Imaxina Sons de 2011 que se desenvolverá entre finais do mes de xuño e principios de xullo.
O compositor coruñés foi un dos fundadores do grupo pioneiro de jazz en Galicia, "Clunia Jazz", proxecto que compartiu precisamente co contrabaixista Baldo Martínez, director das seis primeiras edicións do festival. Nese tempo asentouse a marca Imaxina Sons ao redor do jazz europeo cun apoio decidido ao traballo desenvolvido polos músicos peninsulares e galegos. Nani García participou ademais na terceira edición do festival dirixindo a Imaxina Jazz Orquestra nunha homenaxe a Antonio Cal, saxofonista xa desaparecido que formou parte de Clunia.
A partir dos anos noventa Nani García comezou a compaxinar a súa actividade como músico coa de produtor e arranxista acadando grande relevancia os seus traballos para o cine. Como compositor acometeu singulares aventuras como a protagonizada xunto a debuxante Miguelanxo Prado para a película de animación De Profundis. Nos últimos anos exerceu como director artístico do Festival Jazz Mariñas, unha iniciativa conxunta de varios concellos da Coruña.
Nani García iniciou a súa formación musical en composición e jazz en Suecia entre 1976 e 1980, ao tempo que cursou estudos de lingüística nas Universidades de Uspala e Estocolmo. No seu retorno a Galicia formou parte dos diversos grupos de jazz da época. No ano 1982 fundou Clunia xunto co batería Fernando Llorca, o contrabaixista Baldo Martínez e o saxofonista Antonio Cal. Ao longo da súa carreira compartiu escenario e estudio con músicos como Jorge Pardo, Perico Sambeat, Marcos Teira, Paolo Fresu, Dulce Pontes, Manecas Costa, Kenny Wheeler, Joao Afonso, Tom Guillion, Alfonso Morán, Michael McGoldrick, Karen Mathenson, Xosé Manuel Budiño, Luis Emilio Batallán, Amancio Prada, Paco Charlín, Pablo Milanés, Luar na Lubre e outros. Nos noventa comezou a compaxinar a súa actividade como solista co seu labor de produtor musical e arranxista para diferentes artistas galegos e editoriais nacionais e galegas. Actualmente é membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.
En 2001 fundou co músico Javier Ferreiro, membro de Luar na Lubre a discográfica Xingra e afondando na convicción de impulsar a actividade cultural galega editou novos valores dando saída a proxectos menos comerciais como o jazz, a música de cámara e a músicas alternativas. Ademais doutros traballos, como bandas sonoras de series (As leis de Celavella na TVG ou Guante Blanco en TVE) e filmes (De Profundis ou El niño de barro), en 2009 estreou a opereta narrada para voz e cuarteto de clarinetes A Berenguela sobre un texto do poeta Manuel María e en 2010 o concerto de clarinete baixo e orquestra de vento The wind factor. O próximo ano estrearanse A casa da luz, longametraxe infantil de produción galega e Onde está a felicidade, comedia brasileira, con música de Nani García.
Descargar todas as imaxes