Escoitar

O Concello estudará cos comerciantes introducir melloras na circulación do centro da cidade

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, reuníronse este venres con representantes da Asociación de Comerciantes da Zona Centro para estudar de xeito conxunto algunhas propostas da entidade para mellorar a circulación e a sinalización do centro. O obxectivo do Concello é facilitar a mobilidade e dar un mellor servizo á cidadanía e ao comercio da urbe.

venres, 17 dec 2010
1292592376comerciantes.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, estudaron este venres coa Asociación de Comerciantes Zona Centro de Vigo a introdución de melloras no tráfico e a circulación na zona.

A Asociación plantexou unha serie de ideas que o Concello recibe e estudará para implementalas no centro da cidade co obxectivo de mellorar a mobilidade viaria, incrementar a seguridade dos peóns e dar un mellor servizo ao comercio e aos clientes do centro da cidade.

O Concello de Vigo prevé introducir melloras de circulación no centro e abordará as propostas dos comerciantes presentadas este venres ao alcalde e ao concelleiro do ramo.
Descargar todas as imaxes