A Cadena SER realizou desde Vigo o seu matinal nacional "A vivir que son dos días" pola celebración do Bicentenario da Cidade
O equipo de Montserrat Domínguez desprazouse onte domingo ata o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para retransmitir o seu programa matinal da fin de semana "A vivir que son dos días", dentro da programación do Bicentenario da Cidade. O espazo radiofónico repasou a historia da cidade con entrevistas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e ao director do Museo Quiñones de León, Pepe Ballesta, entre outros.
A Cadena SER sumouse onte domingo aos actos de celebración do Bicentenario da Cidade, que Vigo conmemora este 2010, emitindo desde o Museo MARCO o seu matinal nacional da fin de semana "A vivir que son dous días".
O equipo de Montserrat Domínguez desprazouse á cidade para celebrar os 200 anos de Cidade Fiel, Leal e Valerosa, cun programa especial sobre a traxectoria da cidade que contou coa participación do director do Museo Quiñones de León, Pepe Ballesta, e do alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outros.
Xunto co repaso á historia dos 200 anos de Cidade de Vigo, o espazo radiofónico da Cadena SER desgranou a nova situación financeira viguesa e galega cunha entrevista ao director de novacaixagalicia, José Luis Pego, e afondou nas posibilidades do recén aprobado Campus do Mar, impulsado pola Universidade de Vigo. Domínguez tamén charlou Antón Reixa sobre o papel vigués na movida dos anos 80.
O pasado mes de outubro, o programa de Radio Nacional de España "En días como hoy" do xornalista Juan Ramón Lucas tamén visitou a cidade para conmemorar o Bicentenario, desta volta coa presenza do director da factoría viguesa PSA Peugeot Citröen, Pierre Ianni, o rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato ou o grupo vigués Cómplices.
Descargar todas as imaxes