O Concello restaurará tres lavadoiros en Teis para revalorizar o patrimonio etnográfico
A Xunta de Goberno ven de aprobar esta actuación na que o goberno local investirá preto de 33.000 euros. O acondicionamento de lavadoiros de Igrexa e Xacoteira, no Camiño Real, e a fonte de Arnelas pretende poñelos de novo en servizo para os veciños. O Plan Teis está a investir no barrio máis de 31 millóns de euros con actuacións coma as humanizacións de Julián Estévez ou a Avenida de Galicia ou a restauración do edificio Garavilla
A concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá dirixida polo socialista Santos Héctor ten en marcha a restauración de tres lavadoiros en Teis, no marco do proxecto de "Rexeneración Urbana do barrio de Teis". A Xunta de Goberno Local ven de aprobar esta actuación na que o goberno local investirá preto de 33.000 euros para valorizar o patrimonio etnográfico da cidade.
A idea e favorecer a rexeneración destes espazos con tradición histórica e cultural da zona poñendo así de manifesto o papel relevante que xogaron no pasado. Os lavadoiros e fontes que se restaurarán son os da Igrexa e Xacoteira, emprazados no Camiño Real e a Fonte Arnela, representantes dos usos e costumes tradicionais e do tránsito cara a modernidade.
O acondicionamento pretende tamén a súa posta en funcionamento para que de novo estean a disposición dos veciños da zona que queiran seguir utilizándoos. Os traballos que se acometerán consistirán na limpeza das superficies, reparacións das cubertas, saneamento das zonas deterioradas, reparación de solados así como a aplicación de pintura e a reparación das zonas perimetrais.
Os lavadoiros situados no Camiño Real- Igrexa e Xacoteira- quedarán posteriormente integrados na rehabilitación do núcleo de Rios, nun entorno cultural que pon de relevancia a súa importancia no pasado. As obras ascenden a 32.576 euros que se corresponden a rehabilitación da fonte e lavadoiro de Arnela- 9.851 euros- e dos lavadoiros de Igrexa e Xacoteira- 22.724 euros. Na actualidade todos eles presentan importantes danos estruturais con filtracións, corrosión, sucidade, pintadas, roturas ou mal estado da pintura, entre outros danos.
O Plan Teis está a investir neste barrio máis de 31 millóns de euros con actuacións coma as humanizacións de Julián Estévez, Avenida de Galicia, a pasarela ecolóxica desde a Rotea ata Rios ou a rehabilitación do edificio A Garavilla...
Descargar todas as imaxes