O alcalde salienta que o plan estratéxico de Política Territorial solventa "as limitacións viarias e de comunicación" de Vigo

mércores, 30 abr 2008

Abel Caballero mostrouse "extraordinariamente contento" das actuacións propostas para Vigo pola Consellaría de Política Territorial no seu Plan Íntegra, e fixo balance dalgunhas das urbanas, como os túneles entre Beiramar e Bouzas, entre Antonio Palacios e Portanet ou entre Julián Estévez e a ETEA. Xunto co novo PXOM, "todo o que a cidade soñaba xa está en marcha", salientou o alcalde.

o alcalde recibe aos 26 novos policías en prácticas de Vigo

martes, 29 abr 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu a benvida na Alcaldía aos 26 novos membros da Policía Local de Vigo, que están en periodo de formación durante dous meses. O alcalde lles desexou que o seu periodo de prácticas na cidade lles sirva para completar a formación teórica xa recibida con anterioridade.

O alcalde recibíu aos veciños do Calvario e da Miñoca

venres, 25 abr 2008

O alcalde, Abel Caballero, recibíu este venres na Alcaldía ás Asociacións de Veciños do Calvario e da Miñoca, no que lles explicou as actuacións municipais previstas para ambos barrios da cidade. Posteriormente, o alcalde mantivo unha reunión con representantes da organización dos segundos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Pontevedra entre o 23 e o 29 de xuño.

O alcalde explica á asociación de veciños de Teis os novos usos da ETEA

xoves, 24 abr 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado en Vigo da Zona Franca, Francisco López Peña, explicaron este xoves ao Presidente da A.VV. de Teis, Antonio Collazo, o convenio que abrirá toda a ETEA aos cidadáns e que convertirá a Vigo no "Centro de Investigación Marina e Oceanográfica máis importante de Europa". A sinatura contempla a edificación na zona de vivendas de protección oficial, e o alcalde desexa que "a finais do verán" unha parte das instalacións estén abertas ao público.

La cúpula diretiva de Correos analiza en Vigo su planificación actual y futura

xoves, 17 abr 2008

Las Jornadas de la Dirección de Planificación de Correos se celebran cada dos meses en las ciudades más importantes de España. Este jueves fue el turno de Vigo, y el alcalde, Abel Caballero, acudíó a la inauguración del evento de la Sociedad que estuvo bajo su mando en su periodo ministerial. Abel Caballero destacó el buen funcionamiento del servicio en la ciudad.

755 escolares prantan en Coruxo máis de 1.200 carballos

martes, 15 abr 2008

A inauguración da "Operación Carballo", promovida pola Obra Social de Caixa Galicia coa colaboración co Concello de Vigo, contou coa participación do alcalde, Abel Caballero, o Diretor Xeral da entidade bancaria, José Luis Méndez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Antonio Ocampo. O proxecto naceu tras os incendios forestais que asolaron Galicia no verán de 2006.