Vigo coa selección
venres, 2 xul 2010
A Praza de Compostela volve a acoller este sábado aos afeccionados da selección española que queiran seguir o partido de cuartos de final do Campionato Mundial de Fútbol que enfronta aos combinados nacionais de España e Paraguai, ás 20:30 horas. Tras o éxito de asistencia da pasada eliminatoria, o Concello volve habilitar na Alameda unha pantalla de grandes dimensións.
venres, 2 xul 2010
Unhas 15 embarcacións partiron hoxe pola mañán desde Vigo cara a Viana do Castelo, onde dará comenzo o percorrido da nova ruta marítima que organiza o Liceo Marítimo de Bouzas en colaboración co Concello vigués. Desde Portugal participarán preto de 25 embarcacións que zarparán o domingo en dirección a Bouzas
venres, 2 xul 2010
Abel Caballero transmitiulle hoxe venres á Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de alunos (FOANPAS) que o goberno municipal xa fixo unha proposta oficial á Xunta na que se plantexa a reconstrucción do centro escolar na súa ubicación aproveitando todo o espazo dispoñible e duplicando a capacidade actual. O rexedor subliñou que a proposta é técnicamente posible e educativamente axeitada.
venres, 2 xul 2010
A cidade conta desde onte cun novo espazo de exposicións aberto ao público xeral e con entrada gratuita. O alcalde salientou a concentración de oferta cultural na zona que denominou a "milla de ouro da cultura" e amosou a súa satisfacción pola apertura desta nova fiestra ao arte.
venres, 2 xul 2010
Abel Caballero reuníuse coa nova directiva da Federación de Usuarios do Porto de Vigo, "dirixentes cos que comparto o grande proxecto do Porto de Vigo desde a sintonía absoluta". O alcalde transmitiulles que "non asumimos ningún deterioro do área pesqueira do Berbés" e amosaronse tamén de acordo na peonización do Berbés cun túnel que resolvería os accesos portuarios en todas direccións. Ademais, o Concello estudará alternativas á eliminación do tráfico pesado de Sanjurjo Badía.
xoves, 1 xul 2010
Os traballos de mellora da zona deron comezo este xoves co derrubo das cinco infravivendas da esquina con Venezuela. A humanización contempla novas beirarrúas de granito, mellora do saneamento, máis zonas verdes, manterá o sentido único de circulación e as prazas de aparcamento actuais. A reforma, que inclúe a ampliación do parque e a construcción da nova rotonda do Bicentenario, estará concluída a finais de outubro cun investimento de 1,2 millóns de euros.
xoves, 1 xul 2010
O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico informou este xoves que reunirá ao Comité Executivo da entidade o vindeiro 16 de xullo para estudar o plantexamento do goberno portugués de cobrar nas autoestradas do norte de Portugal. Caballero agarda adoptar unha posición común contraria á proposta do país luso e cualificou de "intolerable" "penalizar aos vigueses nas súas viaxes a Portugal".
xoves, 1 xul 2010
O alcalde, Abel Caballero, recordou este xoves que mañá dará comezo a nova ruta marítima xacobea na que unhas 15 embarcacións partirán a Viana do Castelo, onde dará comezo o percorrido. O próximo domingo chegarán a Bouzas, dando así "luz verde a un novo camiño marítimo moi novidoso". Esta nova ruta pasa por Vigo camiño de Vilagarcía e Santiago, a ruta orixinaria do apóstolo á súa chegada nun barco de pedra a Compostela.
xoves, 1 xul 2010
A exposición enmárcase dentro da convocatoria Mostrarte que se desenvolve neste espazo dende hai dous anos para promocionar a artistas vigueses ou vencellados a nosa cidade. O pintor fai un percorrido por unha natureza "sutilmente elaborada"
mércores, 30 xuñ 2010
Sobre mil persoas acudiron onte martes á Praza de Compostela para seguir na pantalla xigante habilitada polo Concello de Vigo o partido de fútbol que enfrontou ás seleccións de España e Portugal nos oitavos de final da Copa do Mundo. Entre os asistentes estiveron a concelleira de Servizos Xerais, Isaura Abelairas, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.