martes, 15 feb 2011
O ministro de Fomento, José Blanco, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o arquitecto, Thom Mayne, presentaron este martes o proxecto da nova estación do AVE de Urzáiz, que contará cun aparcadoiro soterrado de 1.350 prazas, espazo de ocio e comercial, e unha gran praza pública superior. O arquitecto salientou que a vista á Ría de Vigo está "sempre presente" en todo o edificio e, xunto con Blanco e Caballero, coincidiron en afirmar que a nova estación introduce a Vigo de cheo no século XXI.
luns, 14 feb 2011
Abel Caballero acudiu este luns á apertura da humanización do tramo de López Mora entre José Frau Ruiz e Camelias, máis de 1,7 millóns de euros para a renovación das canalizacións soterradas e a reforma en superficie, que inclúe a ampliación do número de árbores ata as 90 unidades e xardineiras que suman case 70 metros de lonxitude. O alcalde subliñou que o Plan E, co que foi financiada esta obra, supuxo unha "enorme creación de emprego" na cidade de Vigo, cifrada en 9.000 postos de traballo xunto ao investimento municipal.
luns, 14 feb 2011
O alcalde de Vigo visitou este luns as obras de construción da nova residencia na viguesa rúa Montecelo, que dará cabida a más de 120 persoas e suporá unha creación de emprego en Vigo próxima ao centenar de postos de traballo. Abel Caballero valorou este traballo afirmando que é unha "obra excepcional para a atención aos maiores" no centro da cidade.
mércores, 9 feb 2011
As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición para participar no concurso-exposición da Camelia, que terá lugar os días 26 e 27 de febreiro nas instalacións da Zona Franca no Peirao de Bouzas. Nesta ocasión, un total de dez modalidades son as que integran o concurso, aínda que a mesma persoa non poderá participar en máis de dúas, co obxectivo de que os premios sexan distribuídos entre o maior número posíbel de concursantes.
luns, 7 feb 2011
O alcalde e distintos membros da Corporación participaron o pasado sábado no Cemiterio de Pereiró na tradicional homenaxe a Concepción Arenal que organiza Diálogos 90, ceremonia que premiou a traxectoria destas tres mulleres Galegas Destacadas: Carmiña Valverde Roel, pola súa traxectoria ao frente do restaurante El Mosquito; Rasa Jakutyte, concertista de piano e xefa do departamento de Piano do Conservatorio Superior; e Pilar Pallarés, un dos máximos referentes da literatura contemporánea.
mércores, 2 feb 2011
Este mércores tivo lugar a inauguración oficial do novo aparcadoiro soterrado de Policarpo Sanz tras máis de dous anos de traballo, unha obra que fixo posible crear sobre medio millar de estacionamentos, a humanización da superficie e a resolución do "endémico" problema vigués das inundacións da rúa Colón. O alcalde fecilitou á empresa EloyMar Tranvías por unha infraestrutura que "supera os estándares aos que estaban obrigados" polo contrato.
mércores, 2 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos que realiza o concello -a través do plan de emprego municipal UTIL- no barrio de Navia, nos que se está a actuar nas medianeras, nos espazos entre edificios e na parte traseira. O deseño do goberno local prevé unha zona verde de uso veciñal, algún parque infantil e instalacións deportivas.
venres, 28 xan 2011
Abel Caballero acudiu este venres á tradición reunión de profesionais do dereito na festa anual da Avogacía, celebrado na sede do Círculo Mercantil da rúa do Príncipe. O acto foi amenizado polo concerto do Coro do Colexio e cun posterior viño para os numerosos asistentes
venres, 28 xan 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres a humanización das rúas Doutor Cadaval, Lugo e Perú, no entorno da chamada Praza de El Pueblo Gallego, onde atópase actualmente a sede da delegación de Vigo do Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. Caballero salientou a "xestión" do goberno local e recordou a rebaixa da débeda en case "vinte puntos", ten o nivel porcentual de débeda máis baixo de España e sitúase como o concello estatal cun menor gasto en persoal municipal.
luns, 24 xan 2011
Abel Caballero acudiu á ofrenda floral aos expresidentes do Centro Cultural e Veciñal de Valladares así como á presentación da primeira directiva do Centro. Os actos de conmemoración do sábado 22 de xaneiro remataron cun concerto da Unión Musical de Valladares e a Coral do CVCV (Centro Veciñal e Cultural de Valladares). A iniciativa estivo organizada pola directiva actual cun balance moi positivo destes 40 anos de existencia.