Escoitar

Caballero subliña que a nova residencia de Geriatros en Vigo xerará sobre un centenar de empregos

O alcalde de Vigo visitou este luns as obras de construción da nova residencia na viguesa rúa Montecelo, que dará cabida a más de 120 persoas e suporá unha creación de emprego en Vigo próxima ao centenar de postos de traballo. Abel Caballero valorou este traballo afirmando que é unha "obra excepcional para a atención aos maiores" no centro da cidade.

luns, 14 feb 2011
1297690174geriatros.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns os traballos de construción da nova residencia de Geriatros na cidade, unha iniciativa que creará sobre cen postos de traballo.

Abel Caballero valorou esta "obra excepcional para a atención aos maiores", que suma máis de 120 prazas en habitacións dobres e individuais, funcionando ao tempo como centro de día e residencia propia.

A finalización dos traballos está prevista para este mes, á falta da instalación do mobiliario e dos permisos municipais previos. Geriatros estima o investimento nesta actuación en Vigo nos 10 millóns de euros para unha superficie total construída superior aos 7.000 metros cadrados.

A instalación dará servizo de cociña propia, lavandería personalizada, salas de estar e comedores, ximnasio, capela, peluquería, enfermería e consulta de médicos e psicólogos, entre outras faciliadades.
Descargar todas as imaxes