venres, 18 febreiro 2011

O alcalde solicita á Xunta de Galicia que elimine a peaxe do tramo vigués da autopista AP-9

Abel Caballero anunciou este venres o envío dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, instándolle a negociar coa concesionaria a retirada da peaxe da AP-9 no tramo desde Bos Aires ata a finalización da autopista, en Isaac Peral e en Alfonso XIII. O Concello considera que é un tramo de uso urbano e a liberalización, "central" para as mercancías, "resolve o problema do transporte na cidade e do transporte pesado".

Vigo opta con Turquía e Gran Bretaña ao proxecto Civitas europeo de implantación do coche eléctrico

venres, 18 feb 2011

Vigo acolleu hoxe venres unha xornada de traballo e preparación da candidatura viguesa ao proxecto Civitas, dotado con 9 millóns de euros, dos que 4,5 serían para a cidade olívica. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a factoría de Citroën e a Universidade de Vigo tamén participan no proxecto que Vigo encabeza xunto aos municipios de Eskisehir, en Turquía, e Bournemouth, na Gran Bretaña. O 4 de abril, data límite de presentación, Vigo oficializará a súa proposta.

Santi Domínguez anuncia a posta en valor do patrimonio de Candeán, Saiáns e Zamáns con 5 roteiros etnoarqueolóxicos

venres, 18 feb 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves unha nova iniciativa da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico para poñer en valor e dar a coñecer o "gran tesouro patrimonial vigués". Trátase da creación de 5 roteiros sinalizados nas parroquias de Candeán, Saiáns e Zamáns, nas que o nacionalista afirmou que se poden contemplar máis de 100 elementos patrimoniais, entre os que destacan as mámoas, con máis de 6.000 anos de antigüidade.

Os participantes visitarán as Covas do Rei Centolo, O Foxo do Lobo na Serra do Suído e a Ruta completa da Auga, entre outras

Chus Lago presenta a edición máis innovadora do Camiño a Camiño

venres, 18 feb 2011

O vindeiro 27 de febreiro, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Chus Lago inicia a séptima edición do Camiño a Camiño, programa de educación ambiental que se consolida ao cuarto ano da súa posta en marcha. Un total de 19 actividades de educación ambiental, das que 13 son de nova incorporación, compoñen esta nova edición do programa con maior éxito de participación da Concellería, que ofrece prazas para máis de 4.000 persoas. Desta volta, Medio Ambiente planifica saídas específicas para nenos e nenas, en colaboración con VigoZoo, ademais de retomar as exitosas rutas nocturnas ou as visitas ás Illas Cíes, entre outras.

O Auditorio Municipal propón un concerto de Mark Kozelez e un espectáculo do mago Cali para o fin de semana

venres, 18 feb 2011

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal dúas actuacións ben diferentes para este fin de semana. Mañá sábado, 19 de febreiro, propón gozar co concerto que ofrecerá Mark Kozelez a partir das 21 horas. As entradas teñen un prezo de 10 euros. O domingo, o mago Cali abrirá as portas da imaxinación dos máis pequenos e pequenas co espectáculo "Contos de maxia", ás 18 horas. As entradas teñen un prezo de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores. Nos dous casos pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

"Cantiga de vellas", obradoiros ao redor da figura de Valle-Inclán no Verbum

venres, 18 feb 2011

Para conmemorar o 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán, o museo Verbum oferta unha completa programación de actividades que xiran ao redor da súa figura. Así, poderase ver a exposición temporal "Valle-Inclán, Palabra e Imaxe" ata o vindeiro 27 de febreiro, e participar nos obradoiros dos domingos deste mes, "Cantiga de Vellas", o seu único poema en galego.

Anuncio de Animación Sociocultural

Inscrición de Concursos do Entroido 2011

venres, 18 feb 2011

Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2011:<br /> <br />