Santi Domínguez anuncia a posta en valor do patrimonio de Candeán, Saiáns e Zamáns con 5 roteiros etnoarqueolóxicos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves unha nova iniciativa da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico para poñer en valor e dar a coñecer o "gran tesouro patrimonial vigués". Trátase da creación de 5 roteiros sinalizados nas parroquias de Candeán, Saiáns e Zamáns, nas que o nacionalista afirmou que se poden contemplar máis de 100 elementos patrimoniais, entre os que destacan as mámoas, con máis de 6.000 anos de antigüidade.
"Con este proxecto, financiado con fondos do Plan Feels, quixemos conservar e facer visibles vestixios que nalgún caso estaban en perigo real por simple descoñecemento, como as mámoas", salientou Santi Domínguez. O tenente de alcalde manifestou que con esta actuación tamén se quere "reforzar o valor cultural e identitario destas parroquias", así como potenciar que Vigo sexa "referente turístico polos seus elementos patrimoniais". Neste sentido, anunciou que este proxecto terá continuidade no resto das parroquias e barrios de Vigo.
Respecto ao roteiro de Candeán, o nacionalista explicou que se ampliou o xa existente da Área Arqueolóxica Mámoas de Candeán, integrando e sinalizando o túmulo de Casa dos Mouros, no que se fixo un desbroce e se limpou o contorno do túmulo para a súa conservación. Tamén se fixo unha plantación de árbores autóctonas. En Saiáns creáronse os roteiros Panorámico de Arte Rupestre e o Etnoarqueolóxico de Estea-Cal de Outeiro. En Zamáns delimitáronse os roteiros do Conxunto Arqueolóxico do Campus Universitario e o Roteiro Etnográfico do río Vilaza.
Santi Domínguez indicou que cada roteiro sinalizouse cun total de 35 paneis, uns de información xeral e outros específicos sobre cada elemento patrimonial, ademais de 24 sinais direccionais para guiar os percorridos do público, 32 sinais de balizamento dos túmulos de Candeán e o Campus e unha mesa panorámica en Saiáns, no Roteiro Panorámico de Arte Rupestre no Alto da Bandeira. "Fixemos un traballo moi importante de sinalización para facilitar a visualización", asegurou. O nacionalista engadiu que como material de apoio editáronse 15.000 guías, 10.000 unidades didácticas que se distribuirán nos centros escolares e 21.000 folletos.
Creouse tamén a páxina web www.areasetnoarqueoloxicas.vigo.org, que contén un catálogo arqueolóxico e etnográfico dos elementos máis senlleiros de cada parroquia en terreos públicos que abrangue un total de 44 elementos patrimoniais. Realizáronse asemade 3 vídeos de 5 minutos, un para cada área con información en cada parroquia, que están colgados na web. Segundo destacou o tenente de alcalde, un equipo multidisciplinar de historiadores, arqueólogos, antropólogos xeógrafos, deseñadores e realizadores de vídeo desenvolveron durante o último ano un "minucioso traballo de recollida da información patrimonial destas parroquias", polo que animou aos vigueses e viguesas a "descubrir in situ estas marabillas".
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico, recuperar o patrimonio histórico histórico de Vigo ten sido un dos obxectivos e unha das accións máis importantes que quixemos levar adiante neste mandato", afirmou Santi Domínguez. Ao respecto mencionou actuacións xa desenvolvidas como a recuperación dos xacementos de Toralla e O Castro, así como os traballos realizados no Pazo e Museo de Castrelos.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, avanzou que dende o mes de abril organizaranse visitas guiadas para dar a coñecer este proxecto á cidadanía. En resposta aos medios sobre o investimento realizado, sinalou que foi aproximadamente de 140.000 euros, cos que ao seu xuízo se fixo "un traballo moi importante para os cartos que tiñamos ao noso dispor".
Descargar todas as imaxes