Escoitar
Anuncio de Igualdade

Nova edición dos cursos "Tanto monta monta tanto.."

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para unha nova edición de cursos de carácter gratuíto do Programa municipal para o Fomento da Corresponsabilidade Doméstica e Familiar: "Tanto monta monta tanto..".

venres, 18 feb 2011
Reparacións domésticas básicas. 45 horas
Destinatarias: mulleres
Contidos: Introdución ás ferramentas básicas para as reparacións domésticas (fontanería, electricidade, peches, mobles, electrónica).
Período e horarios: Martes e xoves de 18:00 a 21:00 h
Inicio: martes 15 de marzo (15 sesións).

Saberes e faceres domésticos. 41 horas
Destinatarios: homes
Contidos: Alimentación saudable e preparación de menús, os coidados das pezas de vestir, técnicas de alisado, lavado, costura básica, marcado de pezas, tratamento de manchas, organización do armario, etc.
Período e horarios:Martes e xoves de 19:30 a 21:30h e do 14 de abril en adiante de 19:00 a 22:00h.
Inicio: xoves 10 de marzo (17 sesións)

Podo comunicarme mellor. 20 horas
Destinatarios/as: homes e mulleres que desexen entender ou mellorar as súas relacións cos/coas demais: comunicación, emocións, resolución conflitos, etc.
Período e horarios: Luns e mércores de 18:30 a 21:00 h.
Inicio: luns 14 de marzo (8 sesións)

O coidado das persoas dependentes. 30 horas
Destinatarios/as: homes e mulleres
Contidos: hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, coidar a quen coida ,etc.
Período e horarios: Martes e xoves de 18:30 a 21:00 h.
Inicio: xoves 17 de marzo (12 sesións)

Requisitos para todos os cursos: ser maior de idade, estar empadroada/o no Concello de Vigo e inscribirse nalgún curso que non realizara noutras edicións. Prazas limitadas.
Concederanse as prazas segundo a orde de inscrición.
As inscricións realizaranse, desde o venres 18 de febreiro ata completar o número de prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h. Máis información: www.igualdadevigo.org"