Escoitar
Anuncio de Animación Sociocultural

Inscrición de Concursos do Entroido 2011

Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os seguintes concursos relacionados co Entroido 2011:<br /> <br />

venres, 18 feb 2011
-"Concurso de Coplas", que vai ter lugar o vindeiro 4 de marzo, na praza da Constitución. O número máximo de participantes neste concurso limítase a seis, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral.

-"Concurso de Comparsas", cuxo desfile vai ter lugar o vindeiro 5 de marzo, entre a rotonda de Isaac Peral e a Porta do Sol. A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o día 2 de marzo ás 12:00 horas na Casa do Concello.

-"Concurso de Disfraces", entre as persoas (individual, grupos, etc..) que desfilen polo escenario que se instalará na Praza de Compostela o martes 8 de marzo.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases mailas solicitudes de inscrición se atopan á súa disposición na oficina de Información do Concello e que o prazo de presentación será desde o 18 ata o 26 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces cuxa inscrición se fará directamente na Praza de Compostela o día 8 de marzo, de 17:00 a 18:00 horas.



Cadro de premios dos concursos do Entroido 2011:

COPLAS
- 1º premio: 800 €
- 2º premio: 600 €
- 3º premio: 400 €
- 3 accésits (non acumulábeis): 250 €

COMPARSAS
- 1º premio: 3.000 €
- 2º premio: 2.500 €
- 3º premio: 2.000 €
- 14 accésits ás comparsas que participen no desfile do sábado (non
acumulábeis):
500 € (comparsas entre 30 e 50 compoñentes)
600 € (comparsas entre 51 e 80 compoñentes)
700 € (comparsas con máis de 80 compoñentes)
- Premios especiais (non acumulábeis):
1.200 € á mellor carroza
1.200 € ao mellor vestiario
1.200 € á mellor ambientación musical
1.200 € á mellor coreografía
1.200 € á comparsa máis satírica
1.200 € á comparsa máis festeira

DISFRACES
Categoría
- Individual infantil (bono regalo): 100 €(primeiro premio),75 € (segundo premio);50 € (terceiro premio);30 € (accesit)
- Individual xeral: 100 €;75 €;50 €;30 €
- Grupo infantil (bono regalo): 200 €;100 €;75 €;30 €
- Grupo xeral:200 €;100 €;75 €;30 €