Escoitar

O alcalde asegura que o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo ten "contratos, orzamentos e compromisos" que o fan "irreversible"

Abel Caballero valorou de "moi boa nova" a contratación da redacción dos proxectos da conexión de Alta Velocidade por Cerdedo, despois de que o BOE publique este xoves os contratos dos dous últimos tramos, como xa anunciara o ministro José Blanco en Vigo dúas xornadas atrás. Unha vez finalice a redacción, o Ministerio de Fomento estará en disposición de licitar conxuntamente proxecto e obra do AVE directo con Ourense e Madrid.

xoves, 17 feb 2011
1297949550Imagen004.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estimou este xoves que a publicación no BOE dos contratos para a redacción do proxecto dos dous últimos tramos "fai irreversible" a conexión de AVE directo Vigo-Ourense por Cerdedo, que conta con "contratos, orzamentos e compromisos" para levala adiante.

"Xa están os tres proxectos básicos do Vigo-Ourense por Cerdedo", explicou o rexedor, cunha lonxitude total de 54 quilómetros. O ministro de Fomento, José Blanco, xa anunciara hai dous días en Vigo que a publicación no Boletín Oficial do Estado destes contratos era "inmediata", e hoxe o alcalde de Vigo saudaba esta "moi boa nova para a cidade". Así, toda a conexión de Alta Velocidade por Cerdedo está xa en redacción de proxecto e, unha vez remate este "requisito imprescindible", o Ministerio estará en disposición de licitar conxuntamente proxecto e obra de construcción.

Segundo apuntou o alcalde, a contratación do subtramo O Irixo-Cerdedo supera o millón de euros de investimento e o de Cerdedo-Barro ascende a 1,4 millóns. O terceiro, que foi adxudicado semanas atrás, é Carballiño-O Irixo, cun orzamento de 854.000 euros.
Descargar todas as imaxes