Caballero e a Fundación acordan celebrar un memorial en tributo dos Vigueses Distinguidos falecidos
Na reunión celebrada este xoves entre o alcalde de Vigo e a Fundación Vigueses Distinguidos acordouse introducir unha novidade sobre os actos institucionais habituais de cada ano para a conmemoración da festividade do 28 de marzo. Segundo informou Caballero, o 22 de marzo terá lugar un acto en memoria do primeiro Vigués Distinguido e do último en falecer, neste caso, don Francisco Fernández del Riego. Esta iniciativa pretender "rendirlles un tributo" e nace con vocación de celebrarse anualmente.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves que o próximo 22 de marzo terá lugar un acto de conmemoración á figura do primeiro Vigués Distinguido e do último falecido, para "rendirlles un tributo" á súa memoria e traxectoria pola cidade.
Tras unha reunión mantida coa Fundación Vigueses Distinguidos, Abel Caballero explicou que esta iniciativa nace coa idea de realizarse anualmente, sendo o do 22 do próximo mes o primeiro memorial que se leve adiante.
Por outra banda, a entrevista do alcalde cos integrantes da Fundación abordou as tradicionais actividades institucionais previstas para a festividade local do 28 de marzo. Caballero recoñeceu aos Vigueses Distinguidos como "colaboradores activos da cidade" que "seguen a traballar pola cidade, proporcionando ideas".
Descargar todas as imaxes