Escoitar

A rúa Príncipe acollerá durante 3 semanas a exposición "Monforte, soñando o futuro"

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, visitou hoxe o Concello de Vigo para inaugurar unha mostra sobre a cidade lucense que estará exposta na rúa Príncipe. Abel Caballero e Santiago Domínguez deron a benvida ao rexedor monfortino e percorreron unha mostra que conmemora os 125 anos de Monforte como cidade.

xoves, 17 feb 2011
1297949588monforte.jpg
Abel Caballero destacou a importancia de Monforte de Lemos na historia de Galicia e convidou aos vigueses a acudir á mostra gráfica que reflicte o Monforte actual, pero tamén o seu pasado e os seus obxectivos no futuro. Vigo é a primeira cidade galega na que recala a exposición e, segundo apuntou o rexedor Monfortino, viaxará despois polas outras 33 cidades que conforman o Eixo Atlántico.

Severino Rodríguez Díaz subliñou que esta é a primeira vez que se presenta a mostra fora da cidade lucense e lembrou que o seu Concello aposta por un turismo, en Monforte e na Ribeira Sacra, "sostible, respectable e de calidade".
Descargar todas as imaxes