O alcalde recorda que a nova estación e a Alta Velocidade de Vigo teñen "concreción absoluta, orzamentos e recursos para levalas adiante"
Abel Caballero asegurou hoxe mércores que tanto a nova estación de Urzáiz como a chegada a Vigo da Alta Velocidade contan cos orzamentos necesarios para levalos adiante. Recordou o alcalde que a plataforma ferroviaria xa está adxudicada e en setembro adxudicarase á sociedade público-privada para a construcción da estación de Thom Mayne. Ademais, avanzou Caballero que as tuneladoras chegan en xuño ao centro, no verán comezará a operar a estación provisional de Guixar e a finais de ano ou comezos do próximo licitaranse e adxudicaranse proxectos de obra da liña de AVE directa Vigo-Ourense-Madrid por Cerdedo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou hoxe os pasos dados polo Ministerio de Fomento para concretar a construción da estación do AVE viguesa e a conexión da cidade en Alta Velocidade, que ambas contan con "concreción absoluta, orzamentos e recursos para levalas adiante".
Abel Caballero explicou que a estación de Urzáiz ten data de inicio de obra, orzamentos recoñecidos e a parte ferroviaria da mesma xa adxudicada. "A base desta estación é a plataforma ferroviaria, adxudicada o 13 de abril de 2010", asegurou, quen indicou que os traballos de construción en Urzáiz comezarán cando remate a provisional de Guixar, prevista para este verán.
O rexedor citou que o 28 de decembro de 2010 licitouse o contrato de explotación do centro Vialia de Urzáiz, e a comezos de marzo remata o prazo de presentación de ofertas para tela adxudicada en setembro. A estación será construida cunha fórmula mixta público-privada para aportar capital e explotar a zona comercial. O arquitecto, Thom Mayne, ten asinado un contrato que lle concede un ano para elaborar o proxecto constructivo.
Caballero encargó un estudo para valorar a "expectativa de impulso económico" que xerará en Vigo a estación e o AVE. A estación ten data de inicio de obra, orzamento recoñecidos e aportados e unha parte da mesma xa adxudicada, por exemplo a parte ferroviaria. O alcalde avanzou ademais que en xuño chegarán as tuneladoras a Urzáiz, e está en obras a excavación para retirar a maquinaria.
Por outra banda, o primeiro edil recordou que xa está publicado no Boletín Oficial do Estado tanto a declaración de impacto ambiental como o estudo informativo da conexión directa do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo, ademais de estar licitados os proxectos básicos. A finais deste ano ou a comezos do seguinte serán licitados e adxudicados os proxectos de obra, co compromiso do Goberno de España de acudir ao financiamento público-privado para sufragar o seu custe.
Descargar todas as imaxes