Escoitar

Santi Domínguez garante a celebración do Salón do Automóbil co patrocinio da Tenencia de Alcaldía

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co comité organizador do Salón do Automóbil de Vigo, que este ano acada a vixésima edición. Tras a reunión, o nacionalista asegurou que co patrocinio da Tenencia de Alcaldía "garantimos o espectáculo" e afirmou que o Salón seguirá consolidándose como gran referente do sector no ámbito estatal.

martes, 15 feb 2011
1297777013Automobil.JPG
Santi Domínguez explicou que o obxectivo da xuntanza foi "concretar as últimas cuestións" sobre a nova edición do Salón, que contará contará co apoio da Tenencia de Alcaldía, "como fixemos nas últimas edicións". Segundo avanzou, "será espectacular" e figurará entre os máis importantes a nivel estatal, xa que terá a presenza dos mellores pilotos, ademais da celebración de Racing Show.

O tenente de alcalde subliñou, a preguntas dos medios, que pese a atoparnos en época de crise, o Salón do Automóbil está garantido porque "para iso están as administracións". O nacionalista sinalou ademais que non hai datos dos participantes, posto que aínda se están pechando as inscricións.
Descargar todas as imaxes