O comité de expertos decide denominar ao Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, como voceiro do grupo asesor para o nomeamento da nova infraestrutura, informou este mércores que "Mar de Vigo" foi o nome adoptado para o Auditorio Pazo de Congresos, que será inaugurado no mes de abril. O nome responde a que o mar é "o principal protagonista" do edificio e supón ademais unha "homenaxe" a figura de Martín Códax, "o primeiro xuglar civil coñecido no mundo occidental". Apuntou Caballero que a denominación será trasladada e asumida pola Xunta de Goberno Local e a empresa concesionaria.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores da decisión adoptada polo comité de expertos conformado para nomear o Auditorio Pazo de Congresos ubicado na antiga Casa Mar, que finalmente levará o nome de Mar de Vigo.
Segundo explicou Caballero, pese a estudarse outras denominacións, o comité elixiou esta denominación cun dobre significado, por unha banda porque o mar "é o principal protagonista" da nova infraestrutura cultural viguesa e, en segundo lugar, para rendir unha "homenaxe" a Martín Códax, "o primeiro xuglar civil coñecido no mundo occidental", en referencia ao seu texto "Ondas do Mar de Vigo".
O alcalde avanzou que "estamos xa preto da inauguración" do Auditorio, datada para o mes de abril, a falta de concretar cos "últimos remates" no edificio. O hotel anexo será inaugurado con anterioridade.
Abel Caballero agradeceu aos integrantes do comité a súa participación e felicitou ao arquitecto, César Portela, pola "grandiosidade desta peza arquitectónica absolutamente singular". O nomeamento será trasladado e asumido tanto pola concesionaria como pola Xunta de Goberno Local.
O comité asesor para o nomeamento estivo conformado polo propio alcalde e o arquitecto, os concelleiros de Cultura, Urbanismo e Patrimonio, representantes da empresa constructora e de Novacaixagalicia, o presidente do COAG de Vigo, Salvador Fraga; Antonio Quesada, Alfonso Zulueta; o xerente de ProVigo, José Armesto; Uxía Blanco, María do Carme Krukemberg, María Xosé Queizán, Ascensión Durán, Ana Pita Grandal, Encarna Álvarez da Federación de Comerciantes de Vigo, e Enrique Lorenzo da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo.
Descargar todas as imaxes