Vigo opta con Turquía e Gran Bretaña ao proxecto Civitas europeo de implantación do coche eléctrico
Vigo acolleu hoxe venres unha xornada de traballo e preparación da candidatura viguesa ao proxecto Civitas, dotado con 9 millóns de euros, dos que 4,5 serían para a cidade olívica. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, a factoría de Citroën e a Universidade de Vigo tamén participan no proxecto que Vigo encabeza xunto aos municipios de Eskisehir, en Turquía, e Bournemouth, na Gran Bretaña. O 4 de abril, data límite de presentación, Vigo oficializará a súa proposta.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a candidatura viguesa ao proxecto Civitas europeo de implantación do vehículo eléctrico, dotado con 9 millóns de euros.
Segundo explicou o rexedor, Vigo encabeza esta proposta -na que participan a cidade turca de Eskisehir e a británica Bournemouth, e negóciase a incorporación de Creta- co obxectivo de atraer 4,5 millóns para a cidade olivica e "reforzar" a iniciativa viguesa de converterse en cidade piloto do automóbil eléctrico.
A data límite de presentación de candidaturas é o próximo 4 de abril, cando oficializará Vigo a súa candidatura internacional conxunta, que conta coa participación da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën e da Universidade de Vigo na elaboración dun programa de I+D relacionado co coche eléctrico. Caballero confirmou contactos co Goberno de España para respaldar a opción galega.
A proposta viguesa contempla o establecemento de car sharing e un plan de mobilidade do vehículo eléctrico, ampliar os centros de control para adaptalos a estes coches e concretar a infraestrutura, os puntos de recarga e a sinalización para estes. Abel Caballero valorou que o proxecto vigués ten "gran envergadura e vai por moi bo camiño".
Descargar todas as imaxes