O alcalde solicita á Xunta de Galicia que elimine a peaxe do tramo vigués da autopista AP-9
Abel Caballero anunciou este venres o envío dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, instándolle a negociar coa concesionaria a retirada da peaxe da AP-9 no tramo desde Bos Aires ata a finalización da autopista, en Isaac Peral e en Alfonso XIII. O Concello considera que é un tramo de uso urbano e a liberalización, "central" para as mercancías, "resolve o problema do transporte na cidade e do transporte pesado".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicita á Xunta de Galicia que negocie coa concesionaria para eliminar a peaxe do tramo final da AP-9, desde a rúa Bos Aires ata as entradas á cidade por Alfonso XIII e Isaac Peral.
Caballero anunciou o envio dunha carta ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo, instándolle a que, "previa negociación coa concesionaria da autopista", libere de peaxe este percorrido que xa é "unha vía urbana". Esta medida "resolve o problema do transporte e do transporte pesado" en particular, apuntou.
O alcalde fixo pública esta demanda ao tempo que o concelleiro de Transporte, Xulio Calviño, reuníase con colectivos do transporte de mercancías que operan no Porto de Vigo para informarlles da situación. Abel Caballero argumenta que, igual que o anterior presidente da Xunta conseguiu a retirada da peaxe de Rande, o actual goberno autonómico pode atender a esta demanda "central" para o transporte pesado e para a mobilidade da cidade.
"Require tempo, pero creo que chegou o momento de que o comecemos a plantexar como unha cuestión central no transporte de mercancías e no transporte particular na cidade de Vigo", asegurou Caballero.
Descargar todas as imaxes