xoves, 7 ago 2008
Os técnicos en bibliotecas do Ministerio de Cultura deron este xoves o seu visto bo á construción da futura Biblioteca Estatal na viguesa Praza do Rei. A ubicación, proposta polo Concello, se "adapta magníficamente" ás características técnicas necesarias para a súa edificación, segundo lle trasladaron os responsables ao alcalde. Abel Caballero adiantou que a finais do verán podería asinarse o convenio e o proxecto podería estar contratado "en cinco ou seis meses".
mércores, 6 ago 2008
Abel Caballero refrendou o seu compromiso coa cultura e cos artistas da cidade no encontro que mantivo este mércores na Alcaldía co pintor vigués.
mércores, 6 ago 2008
O alcalde presenciou onte martes a primeira dunha serie de actuacións que se estenderán durante a presente semana. O certame "A Música dos Nosos Barrios" está organizada pola Hermandade de Devotos de San Roque e se está a celebrar no recinto da Finca de San Roque.
mércores, 6 ago 2008
Uns 800 nenos de entre 8 e 15 anos vindos de toda Galicia se deron cita este mércores na viguesa Praza do Rei por mor do vixésimo aniversario do campamento urbano de Abertal, que este ano comezou o pasado 4 de agosto e rematará o vindeiro 14 deste mes. O alcalde, Abel Caballero, intercambiou agasallos cos rapaces, quenes convivirán todo o día na cidade realizando distintos xogos e actividades.
martes, 5 ago 2008
O rexedor, Abel Caballero, recibíu este martes ao bispo da diócese Tui-Vigo, José Diéguez, encontro no que trataron da retirada dos símbolos do réxime dos edificios relixiosos da cidade. O alcalde explicou que existen 11 igrexias afectadas, relación que enviará á Concellería de Patrimonio Histórico para que dictamine o mellor xeito de eliminalos sen afectar aos edificios. Despois, se procederá á retirada dos mesmos.
luns, 4 ago 2008
O alcalde mantivo este luns un encontro con representantes de ADIF e NEXSA, encargadas da construción da nova estación de Urzáiz, para estudar a modificación da mesma tras o modificación da entrada da Alta Velocidade en Vigo, que pasa a ser soterrada. A mediados de outubre estará listo o proxecto básico dunha estación que ocupará 40.000 metros cadrados de superficie.
venres, 1 ago 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou este venres as 11:00 horas en fronte o Mercado do Calvario do comenzo dos traballos de humanización do entorno do Calvario. Unha inversión total de 1.129.605 euros. <br />
xoves, 31 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou este xoves as 12:00 horas na alcalcía da firma do convenio coa Comunidade de Montes de Valladares para o uso de antenas repetidoras. A empresa Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, empresa de telecomunicacións será a encargada de instalar no Monte Cepudo a antena que dará o 100% de cobertura nas comunicacións a Policía Local e Bombeiros. <br />
xoves, 31 xul 2008
A Asociación de Oceanógrafos de Galicia trasladase ás praias en plena temporada estival para presentar as Ciencias do Mar á sociedade. Efervesciencia na praia é unha campaña de comunicación social da ciencia,que aproveitará a gran riqueza do litoral galego, así como a importante afluencia turística ás praias durante os meses de verán.<br />