venres, 12 set 2008
A Secretaría e o Consorcio Audiovisual de Galicia, en colaboración co Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina (INCAA) e a Alcaldía de Vigo, promoven a 2ª Mostra de Cine Arxentino en Galicia que se desenvolverá desde hoxe ata o 19 de setembro na cidade. Un total de seis filmes de recente produción conforman o ciclo que mañá sábado arrincará no Antigo Reitorado coa primeira proxección, Tacholas.
xoves, 11 set 2008
O IX Workshop de Axentes Físicos, que se está a celebrar hoxe xoves e mañá venres na Universidade de Vigo, é un foro de intercambio de experiencias sobre sistemas autónomos coma os robots. Vigo acolle por primeira vez este Congreso, que se ven celebrando desde 2000, e que hoxe foi presentado coa presenza do Rector da Universidade e do alcalde.
martes, 9 set 2008
Abel Caballero desprazouse este martes ao parque de O Gorxal para informar aos veciños da zona da situación actual tras o incendio que destruíu a nave industrial e recabar as necesidades do entorno. O alcalde anunciou que mañá mércores se fará público o número de teléfono que coordinará a atención e información aos afectados; un dispositivo que pretende conceder "atención prioritaria e preferente" á zona.
venres, 5 set 2008
O encontro mantido este venres entre o alcalde, Abel Caballero, e o arquitecto da obra, César Portela, certicou o cumprimento dos prazos adiantados polas partes o pasado mes de marzo. Ao remate da reunión, ambos manifestaron que o proxecto avanza con normalidade, co que no mes de setembro se iniciará o desterro do solar.
mércores, 3 set 2008
Tras a mostra inicial a cargo de Antonio Quesada, hoxe mércores se inaugurou a segunda exposición que alberga as dependencias da Alcaldía de Vigo. Un total de 30 obras do recoñecido artista vigués Pedro Solveira reuniron a destacados membros da cultura viguesa e a representantes dos tres grupos políticos municipais, encabezados polo alcalde.
martes, 2 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, presentaron este martes a mostra que "pon a Vigo no marco dos circuitos de cine de España", subliñou o rexedor. Proxectaranse seis producións seleccionadas polo Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina no Salón do Antigo Reitorado da Universidade de Vigo, nun único pase diario ás 20 horas.
xoves, 28 ago 2008
Abel Caballero acudíu este xoves ao parque de Castrelos, onde está a ter lugar os obradoiros de animación organizados por voluntarios da Cruz Vermella Xuventude dirixidos a nenos de entre 5 e 12 anos. O alcalde salientou a importancia destas actividades no desenvolvemento psicomotor, afectivo e social dos rapaces; e felicitou á Cruz Vermella polos seus oito anos promovendo estas accións.
luns, 25 ago 2008
O alcalde recibíu este luns á Xunta Directiva de ANCERA, a Asociación de Comerciantes e Distribuidores do Recambio para a Automoción de Galicia, que organizará en outubro unha convención na que as empresas de automoción de Galicia valorarán o estado da industria auxiliar. Abel Caballero salientou que esta será o encontro "de maior envergadura de Galicia e seguramente de España".
luns, 25 ago 2008
O alcalde valorou a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, que hoxe luns entra definitivamente en vigor, salientando que esta "nova etapa" para a cidade supón benestar cidadá e un impulso a economía viguesa. Abel Caballero destacou do PXOM as 62.000 vivendas "libres de especulación", as zonas verdes, as novas infraestructuras e os 4,5 millóns de metros cadrados de chan industrial que contempla. <br />
mércores, 20 ago 2008
O alcalde, Abel Caballero, recibíu este mércores a representantes da Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares, quenes solicitaron o apoio do Concello na procura de vivendas onde os enfermos poidan desenvolverse con normalidade. O rexedor comprometeuse a buscar vivendas e solo disponible para atender á "demanda xusta" de ASEM Galicia.