O alcalde asegura que as novas furgonetas de PSA Vigo garanten o "presente e futuro" do emprego na cidade

xoves, 16 abr 2015

Abel Caballero trasladou este xoves a súa "inmensa satisfacción" polo "notición" de que a factoría de Balaídos fabrique novos vehículos para Opel. Este acordo consolida o "gran proxecto" de PSA en Vigo, no que participa o Concello coa cesión de 50.000 metros cadrados, sitúa á automoción como "elemento central na economía da cidade" e ratifica o "presente e futuro do emprego" en Vigo neste sector.

O alcalde saúda a expansión empresarial de Frigalsa e a recuperación do edificio de Freiremar

venres, 10 abr 2015

Abel Caballero mantivo unha reunión con responsables de Frigalsa, que presentaron ao alcalde o proxecto de ampliación da súa empresa que suporá unha maior actividade pesqueira e a recuperación do edificio de Freiremar. Caballero salientou que é unha "boa nova" para a cidade tanto a expansión empresarial e a xeración de emprego que conleva como o uso do nomeado inmoble.

Concello e AGEINCO organizarán un evento profesional en Vigo a finais de ano

mércores, 8 abr 2015

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á nova diretiva da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO). Caballero salientou a "capacidade de xeración de emprego de calidade e valor engadido" deste sector e adiantou que ambas entidades colaborarán na organización a finais de ano dunha "gran reunión de profesionais" na cidade.