Vigo suma poboación por cuarto ano consecutivo

xoves, 27 xuñ 2019

O alcalde informou este xoves dos datos de poboación de Vigo que ofrece o Instituto Nacional de Estatística, con data 1 de xaneiro deste ano, e que revelan que a cidade, con 295.323 censados, suma poboación por cuarto ano consecutivo. "Encamiñámonos de novo aos 300.000" habitantes, indicou Abel Caballero.

O alcalde recibe a unha representación da cidade mexicana de Celaya

mércores, 26 xuñ 2019

Abel Caballero reuniuse este mércores cunha comitiva integrada por representantes institucionais e do eido empresarial do municipio de Celaya que están en Vigo co fin de manter diferentes encontros para fortalecer as relacións industriais, comerciais, culturais e educativas entre ámbalas urbes. Vigo e Celaya son cidades irmás desde o ano 2014 e esta visita responde á vontade de seguir desenvolvendo os seus lazos de unión. <br />

Caballero reforza as áreas de Urbanismo, Fomento e Economía no deseño do goberno de Vigo

luns, 17 xuñ 2019

Ademais da que dirixe Carmela Silva, tamén responsable de Patrimonio Histórico, o alcalde de Vigo crea Tenencias de Alcaldía de Fomento e Servizos -a cargo de Javier Pardo-, de Economía e Seguridade -pilotada por Elena Espinosa- e de Urbanismo e Territorio -encabezada por María José Caride-, áreas que gañan peso no deseño do novo goberno presidido por Abel Caballero.

Vigo reúne máis de 150 científicos no Congreso Nacional de Biotecnoloxía

martes, 11 xuñ 2019

Máis de 150 científicos celebran esta semana en Vigo o XVII Congreso Nacional de Biotecnoloxía. Durante a inauguración, Caballero destacou o papel cada vez máis importante do coñecemento relacionado coa investigación e os avances científicos. "Temos que contar cun núcleo de investigación que avance sempre na mesma dirección e as universidades xogan un papel esencial neste proceso", afirmou.

O rexedor eloxia o labor da Policía Nacional a prol da igualdade de homes e mulleres

xoves, 30 mai 2019

Abel Caballero visitou este xoves no Tinglado do Porto a exposición conmemorativa do 40 aniversario da incorporación da muller á Policía Nacional, que permanecerá aberta durante unha semana. Vigo é a única cidade galega na que poderá visitarse a mostra, un aspecto que agradeceu o rexedor ao tempo que puxo en valor a traxectoria da Policía que "soubo camiñar cos tempos" e traballar en favor da igualdade laboral entre homes e mulleres.

A Xunta de Voceiros da FEMP aproba a súa axenda internacional

xoves, 30 mai 2019

Abel Caballero presidiu esta mañá por videoconferencia a Xunta de Voceiros da FEMP, unha reunión de "carácter máis rutineiro" ao estar en funcións todos os alcaldes e alcaldesas de España, polo que adían as decisións máis importantes para cando estean constituídas as novas corporacións. O presidente da FEMP explicou que quedou aprobada a axenda internacional da entidade "moi singular e importante" e quedou constancia de que a Xunta de Contratación ten "cada vez máis concellos adheridos e é un sistema que está funcionando ben", recalcou.