O alcalde recoñece o traballo “excepcional” de Sergio Prieto na dirección territorial de Comercio e ICEX
Abel Caballero e Sergio Prieto mantiveron este xoves unha reunión na Alcaldía por mor da inminente saída do aínda director territorial á Representación Permanente de España ante Nacións Unidas e a Organización Mundial do Comercio (OMC) en Xenebra.

En declaracións posteriores á entrevista, o alcalde eloxiou a relación que Prieto mantivo á fronte da delegación galega de Comercio e ICEX coas empresas exportadoras de Vigo e do resto de Galicia. Abel Caballero recoñeceu o seu traballo “excepcional” e tamén considerou “bo” o seu salto laboral, posto que abre unha “vía de interlocución” coa Organización Mundial do Comercio.