Escoitar

O goberno local adica un millón de euros á xeración de 180 empregos en 76 entidades sen ánimo de lucro

O alcalde informou este xoves da resolución da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro, un programa de orzamento superior ao millón co que se apoia o traballo de 180 profesionais nas asociacións veciñais, culturais, socioasistenciais e deportivas, entre outras.

xoves, 20 ago 2020
Abel Caballero deu conta da resolución da convocatoria en rolda de prensa presencial e telemática
Abel Caballero deu conta da resolución da convocatoria en rolda de prensa presencial e telemática

Da convocatoria municipal resultaron beneficiarias un total de 76 entidades con ámbito de actuación en Vigo, das que 15 son de carácter veciñal e cultural (que reciben 167.000 euros), 33 sociais e asistenciais (380.000 euros), 14 empresariais (144.000 euros), 13 deportivas (160.000 euros) e ademais a Mancomunidade de Montes (145.000 euros)

Explicou Abel Caballero que o obxectivo do Concello con estas axudas é “xerar emprego en colaboración con estas entidades”. O millón de euros de apoio municipal fai posible a contratación de 34 traballadores nas asociacións veciñais e culturais, outros 69 nas sociais e asistenciais, 23 nas empresariais, 33 nas deportivas e 21 máis na Mancomunidade de Montes.

“É un plan tan importante”, valorou o alcalde. O proxecto municipal “forma parte dunha actividade que facemos todos os anos, de gran importancia, primeiro, polos 180 empregos creados e, segundo, polo apoio ás asociacións de veciños, culturais, deportivas, empresariais... É unha acción moi produtiva, o seu traballo é da maior importancia”, afirmou.

Descargar todas as imaxes