O alcalde aborda as peaxes e o problema da Carta Verde co vicecónsul de Portugal

luns, 18 feb 2013

O vicecónsul de Portugal comprometeuse a recopilar toda a información precisa sobre os problemas que están a ter os conductores españoles polas tarxetas verdes e as peaxes no país luso. Logo dun encontro, Caballero lembrou aos medios de comunicación que a tarxeta verde non é esixible e avanzou outra reunión co diplomático, unha vez que este recabe a información pertinente.

O Concello pecha as súas contas de 2012 cun superávit de 6,8 millóns de euros

mércores, 13 feb 2013

A liquidación orzamentaria de 2012 deixa un superávit de 6,8 millóns nas contas municipais, o que supón "un ano no que esta cidade mantivo a súa capacidade orzamentaria, con contas saneadas. O alcalde degranou hoxe mércores o informe sobre a liquidación dos orzamenentos do pasado exercicio que di textualmente: "Se están a cumplir todos os requisitos que marca a lei: aforro neto positivo, estabilidade orzamentaria (superávit), regra de gasto y endebedamento inferior ao 75%"

O alcalde incorpora ao Goberno municipal unha concelleira de Educación non electa e sen adicación exclusiva

martes, 5 feb 2013

O Goberno municipal contará a partir de mañá cunha concelleira de Educación non electa, Olga Ríos, unha profesional do ensino que se incorporará as tarefas municipais sen adicación exclusiva xa que manterá o seu traballo como directora do Ceip Teis Frían. Esta novidade forma parte dunha reorganización de Goberno que Caballero anunciou hoxe martes "atendendo a criterios de sinerxias e obxectivos pensando nos cidadáns".

O alcalde Abel Caballero participa na homenaxe a Concepción Arenal no cabodano do seu pasamento

luns, 4 feb 2013

O acto celebrado o pasado sábado dous de Febreiro completouse cunha ofrenda floral ante a tumba desta insigne escritora e gran defensora dos dereitos da muller no cemiterio vigués de Pereiró. Posteriormente o rexedor municipal fixo entrega do galardon "galega destacada" , outorgado polo colectivo Dialogos 90, e que nesta ocasión quixo recoñecer a traxectoria profesional e humana da xornalista viguesa Carmen Dominguez, creadora entre outros do programa de televisión "Español

O Concello cooperará cos afectados por preferentes na procura de información sobre as condicións das arbitraxes

martes, 22 xan 2013

O alcalde avanzou esta mañá que desde a oficiña de consumo municipal (OMIC) solicitarán información sobre as condicións das arbitraxes de preferentes, tal e como lle pediron os afectados cos que hoxe martes mantivo un encontro. Tal e como explicou, o Concello dirixirase a Novagalicia, á Xunta e ao FROB para axudar a estes "estafados" porque "recibiron un producto inversor de alto risco sen ser advertidos".