O alcalde asiste á clausura do campamento municipal das Travesas
Abel Caballero visitou este venres o segundo campus que se desenvolve no pavillón municipal das Travesas onde un centenar de nenas e nenos desenvolveron ao longo da última semana actividades deportivas de diferentes disciplinas. O rexedor felicitounos polo éxito da experiencia e recalcou a importancia de que se realizase sen incidencias coas normas de seguridade da nova normalidade. Lembrou tamén que o Concello oferta este verán 3.000 prazas nos campamentos infantís e outras actividades didácticas e de ocio.
