O rexedor celebra a portada das Illas Cíes na revista National Geographic
O número de agosto da publicación leva na súa portada unha imaxe da praia de Nosa Señora das Illas Cíes, baixo o titular “Galicia, unha viaxe pola súa costa máis espectacular”. Abel Caballero amosou o seu orgullo e apuntou que isto supón que a revista “volve facerlle un recoñecemento ás Illas CÍes e a Vigo”, e por iso “as queremos Patrimonio da Humanidade porque The Guardian ou National Geographic, ámbitos especializados e de alto valor científico saben do valor das Illas Cíes”.
