Escoitar

O Concello inicia o trámite de consulta pública para adaptar a tarifa da auga ao consumo real

Unha Directiva da Unión Europea indica a necesidade de establecer un sistema de tarifas por consumo real e como primeiro paso é necesario facer unha consulta pública na que a cidadanía aporte suxestións. Unha vez rematada a consulta, o Concello elaborará a nova normativa e a tarifa para que estea terminada no último trimestre do ano.

venres, 17 xul 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres en rolda de prensa que o Concello aprobou en Xunta de Goberno Local o inicio do trámite de consulta pública para a adaptación da tarifa da auga. “Debemos modificar tarifa da auga para axustarnos á Directiva Europea de Marco da auga 2000/60 pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas da Unión Europea, que obriga a adaptar as tarifas existentes ao consumo real”, sinalou o rexedor.

Caballero explicou que o Parlamento Europeo establece que a política de prezos da auga debe proporcionar incentivos adecuados para que os usuarios utilicen de forma eficiente os recursos hídricos e, por tanto, contribúan aos obxectivos medioambientais. A Directiva busca unha contribución adecuada dos diversos usos da auga, desagregados, polo menos, en industria, fogares e agricultura, á recuperación dos custes dos servizos relacionados coa auga, baseada nas análises económicas tendo en conta o principio de que quen contamina paga.

“Vigo, nos últimos anos sufriu secas que non tiñamos nas anteriores décadas, agora si, hai unha ameaza continúa de escaseza de auga nas temporadas estivais porque o número de municipios que se abastecen de Eiras é maior, tamén número de industrias e máis poboación. Ademais, nos sempre optamos a axudas europeos e requisito indispensable é ter sistema de tarificación”, apuntou o rexedor.

Caballero indicou que o primeiro requisito é unha consulta pública, que estará aberta desde mañá, durante un prazo de 20 días hábiles na web https://consulta.vigo.org/. Unha vez rematada a consulta, o Concello elaborará a nova normativa e a tarificación para que estea terminada no último trimestre do ano.

Air Nostrum

Por outra banda, o alcalde tamén informou de que a Xunta de Goberno aprobou a solicitude de ampliación do contrato de promoción turística a cargo de Air Nostrum debido á imposibilidade de executar o actual prazo pola pandemia. Asía, compañía aérea comprométese a recuperar os enlaces áreos no momento en que sexa posible pola situación sanitaria.

Descargar todas as imaxes