Escoitar

Vigo celebra o 23 de xullo o Día do Libro

O Concello está organizando, xunto coa Federación de Libreiros, unha xornada dedicada ao libro na que as librerías poderán sacar os seus exemplares á rúa, sexan ou non membros da entidade.

venres, 17 xul 2020

O alcalde avanzou que o goberno municipal reservará espazos na vía pública para todas aqueles librerías que queiran unirse a esta xornada. “Queremos que tódalas librerías da cidade sexan ou non da Federación poidan sacar os seus libros á rúa”. Con ese fin, o espazo será cedido de forma gratuíta e o Concello comprométese a desenvolver unha campaña de promoción para dar a coñecer a iniciativa á cidadanía.

Así, Vigo celebra o vindeiro xoves, 23 de xullo o Día del Libro cunha xornada de exemplares na rúa, para que lectoras e lectores poidan achegarse a eles ao aire libre nas diferentes zonas da cidade. A celebración literaria coincide coa conmemoración do Día de Galicia en Vigo, que terá lugar ás 20:00 horas nos xardíns do Pazo de Castrelos.