martes, 31 mar 2015
O rexedor trasladou o seu "total rexeitamento" polas cinco mortes por violencia de xénero rexistradas en España en menos de 24 horas. Logo de manter unha reunión coa presidenta da Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, Caballero comprometeuse a asumir os recortes que está a realizar a Xunta na loita contra a violencia machista.
martes, 31 mar 2015
Abel Caballero amosou a súa satisfacción porque Vigo retome a súa conexión aérea con Londres. En rolda de prensa, explicou que esta nova ruta, con destiño á terminal de Luton, arrancou o luns cunha ocupación do 85%, avanzando que o voo da proxima semana está completo.
martes, 31 mar 2015
O alcalde de Vigo informou da remisión este martes da documentación técnica dos proxectos de obra de modernización do estadio de Balaídos, cara ao desenvolvemento dun convenio entre o Concello e a Diputación que incorpore ao ente provincial á reforma das bancadas de Río e Tribuna, xa iniciadas polo goberno local e o RC Celta, respectivamente. É unha "moi boa nova para esta cidade", subliñou Caballero.
luns, 23 mar 2015
Abel Caballero avanzou este luns a elección do xuiz Ventura Pérez Mariño como pregoeiro da Festa da Reconquista deste ano, quen foi alcalde da cidade e maxistrado da Audiencia Nacional, "un home do mundo das ideas, do mundo da cultura" que "sempre estivo na súa cidade, traballando por Vigo", asegurou o rexedor vigués.
mércores, 18 mar 2015
Os días 20, 21 e 22 de marzo, o V Salón do Vehículo Clásico e de Época abre as súas portas no IFEVI e amplía a oferta expositiva de motor xa dispoñible co XXIV Salón do Automóbil e Motocicleta, poidendo o público gozar de ambos coa mesma entrada. O alcalde invitou á cidadanía a achegarse ao recinto feiral e gozar desta "gran confluencia da modernidade e da tradición" no mundo do motor.
martes, 17 mar 2015
O alcalde apoiou hoxe martes as demandas dos reponsables da Escola de Xoiería Atlántico, de Vigo, que reclama que os seus ciclos oficiais sexan concertados pola Xunta de Galicia. Durante unha visita ás instalacións do centro, en Cabral, anunciu o envío dunha carta ao presidente da Xunta porque "non hai ningunha razón obxectiva nin fundamentación" para negar un concerto que a escola leva reclamando desde 2004.
venres, 13 mar 2015
Abel Caballero avanzou hoxe venres a presentación dunha moción no próximo Pleno rexeitando o proxecto do Goberno Central de privatizar o Rexistro Civil. Coincide, deste xeito, coas críticas que esta mañá lle trasladaron todos os sindicatos e varios colectivos do ámbito da Xustiza.
mércores, 11 mar 2015
O rexedor avanzou esta mañá que se iniciaron as conversas para que Volotea reforce a súa presencia en Vigo a partir de 2016. Tal e como lle transmitiu o director xeral da compañía, as rutas que operan desde Vigo están consolidándose polo que xa se prantexan aumentar a oferta de prazas. <br />
venres, 6 mar 2015
O alcalde visitou este venres as instalacións de Marsan Transformaciones Superficiales e subliñou a "calidade" e "gran produtividade" da compañía, que compite nos mercados nacional e internacional.
venres, 27 feb 2015
Abel Caballero asinou este venres coa delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa, o convenio segundo o cal o Concello cede 50.000 metros cadrados en Balaídos para o desenvolvemento da factoría viguesa de PSA. O rexedor asegurou que, grazas a este acordo, Vigo poderá competir e optar á construción de novos modelos.