Abel Caballero reúne ao seu consello asesor para analizar a evolución do Covid-19 en Vigo
Abel Caballero presidiu este martes a reunión co seu consello asesor persoal creado o pasado mes de abril para analizar a evolución da pandemia do Covid-19 na cidade. Segundo explicou o alcalde, as xuntanzas levaranse a cabo de forma periódica.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniu este martes ao seu consello asesor persoal para analizar a evolución da crise sanitaria do Covid-19 na cidade. Na xuntanza participaron os representantes do ámbito médico, universitario e administrativo que forman parte do comité.
“Por fortuna a expansión da pandemia en Vigo é inferior a de outras zonas, pero os expertos continúan a recomendar como mellor método as tres normas básicas de máscaras, distancia social e hixiene”, sinalou o rexedor.
Caballero insistiu en que “hai que tes especial coidado no uso e colocación de máscara” e fixo fincapé en que “debemos implantar a rutina da limpeza permanente”. O alcalde tamén apuntou que “a nova cultura que debemos ter pasa por estas tres normas”.