Escoitar

O Concello cofinancia con 150.000 euros a conexión de Barxa de Covelo coa Travesía de Gandarón

A colaboración público privada permitiu acometer as obras de conexión entre a rúa Barxa do Covelo con Gandarón, un proxecto de 390.000 euros dos que o Concello achegou 150.000 euros. O alcalde eloxiou esta cooperación e agradeceu a súa implicación á empresa Alvariño Inversións S.L..

martes, 25 ago 2020

O alcalde visitou esta mañá as obras de conexión da rúa Barxa do Covelo -avenida de Madrid - con Gandarón un proxecto de 390.000 euros e unha lonxitude de actuación de 103 metros. Segundo avanzou o alcalde nunha rolda de prensa previa, esta obra é froito dun convenio de colaboración coa empresa Alvariño Inversiones S.L. para darlle saída a rúa Barxa do Covelo con Gandarón polo que o Concello cofinanciou os traballos con 150.000 euros, nun “bo modelo de cooperación” que o rexedor agradeceu ao empresario José Manuel Fernández Alvariño, ao tempo que tivo un recordo para a figura do seu pai, Salvador pola súa gran labor no tecido empresarial vigués.

Trátase dunha rúa con dous carrís, unha liña de aparamento e beirarrúas de 1,8 m. Instaláronse servizos de alumeado, abastecemento, saneamento, telecomunicacións e electricidade, co soterramento de todos os tendidos aéreos. Tamén hai unha reserva de estacionamento para vehículos portacoches nunha praza de 30 metros lineais.

Descargar todas as imaxes