COMUNICADO DE DECRETO DE LOITO OFICIAL

venres, 28 nov 2014

O Goberno da cidade de Vigo quere mostrar a súa dor polo pasamento da axente da Policía Nacional, falecida hoxe nesta cidade. Este goberno quere enviar o seu pésame a súa familia e a todo o Corpo da Policía Nacional de España.<br /> <br /> O alcalde decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media asta, así como a suspensión do encendido das luces e o inicio das Festas de Nadal para o vindeiro luns, 1 de decembro, ás 19:00 horas na Porta do Sol.

O Concello coopera cun encontro lusogalaico sobre adiccións que se celebrará en febreiro en Vigo

venres, 28 nov 2014

Abel Caballero manifestou hoxe venres a súa preocupación porque, coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostenibilidade das Administración Local, os concellos perderán as súas competencias en materia social a partir de 2016. Así o dixo durante unha reunión preparatoria dun encontro luso-galaico sobre drogadiccións que se vai celebrar en Vigo o próximo mes de febreiro.

Caballero e Fernández Alvariño "revisan" a situación económica da cidade

xoves, 27 nov 2014

O alcalde e o presidente da CEG destacaron esta mañá a importancia de que Citroën poida asegurarse a nova liña de fabricación, así como de que o naval empece a recuperarse, aínda que faga con dificultades. Así o constataron esta mañá durante unha reunión que mantiveron na Alcaldía para "revisar" a situación económica da cidade.

O alcalde defende a ampliación do peirao de Areal e ter o Porto "preparado" para a saída da crise

luns, 24 nov 2014

Abel Caballero asegurou este luns que o Porto de Vigo é "un obxectivo prioritario para esta cidade" e amosouse satisfeito pola conclusión das obras de Areal, posto que a crise "se superará" e "temos que ter o porto preparado". O alcalde recordou que, á súa chegada á Alcaldía, posibilitou esta ampliación ao levantar o recurso xudicial que impedíu durante anos a execución da mesma.

Abel Caballero agradece á Liga e ao Celta que Vigo acolla a Asamblea Xeral da LFP

mércores, 19 nov 2014

O alcalde exerceu este mércores de anfitrión e deu a benvida aos representantes dos clubs de fútbol que conforman a Liga de Fútbol Profesional (LFP), reunidos hoxe no Auditorio Mar de Vigo na súa Asamblea Xeral. Caballero eloxiou o papel do fútbol como "vertebrador" do territorio e agradeceu o traballo do Real Club Celta para que Vigo acollera esta cita e o partido de onte entre as seleccións de España e Alemaña.

O alcalde vincula a pesca ao progreso na homenaxe de ARVI aos falecidos na mar

mércores, 19 nov 2014

Abel Caballero participou este mércores no acto de recoñecemento, impulsado pola Cooperativa de Armadores, aos mariñeiros que perderon a vida na mar, que son recordados cunha placa e cun monumento instalado na entrada ao Porto de Vigo. O alcalde -quen felicitou a ARVI pola iniciativa no marco do seu 50 aniversario- indicou que o seu recordo "ten que permanecer na nosa memoria porque a eles lles debemos o que somos", pois da pesca "depende unha parte importante do progreso do noso país".